Vostede está aquíSecretaría

Secretaría


SOLICITUDES TRANSPORTE ESCOLAR

As persoas interesadas en solicitar novas paradas de transporte escolar deberán facelo de forma presencial no noso centro educativo en horario de 10.00h. a 13.00h., ata o 07 de xullo de 2023.

Únicamente poderán ser tramitadas fóra deste prazo solicitudes por necesidades extraordinarias debidamente xustificadas, cambios de domicilio, escolarizacións posteriores ao comezo do curso, escolarizacións forzosas, etc.

 

Libros de texto 2023-2024

Achégase a listaxe dos libros de texto para o vindeiro curso 2023/2024.

Formalización de matrículas

O prazo para formalizar a matrícula d@s alumn@s de nova incorporación ao noso centro será dende o 20 ao 30 de xuño. 

Recordamos a ORDE do 21 de outubro de 2022 no seu artigo 41.2:

-Se unha vez finalizado o prazo de matrícula esta non se formalizase, terase por decaído o seu dereito á praza obtida .

 

A documentación será entregada na secretaría do centro no horario de atención ás familias (do 22 de xuño ata o 30 será de atención continuada de 10:00 a 13:00), que achegamos en ficheiros adxuntos. Deben achegar a seguinte documentación:

- Impreso de matrícula correctamente cuberto.

- Solicitude de transporte escolar.

- Solicitude do servizo de comedor coa documentación xustificativa.

- A maiores, a fotocopia da cartilla de vacinas.

CORRECIÓN IMPORTANTE: O prazo para o alumnado que promociona a Educación Secundaria será o seguinte:

- IES de Ordes: do 23 de xuño ao 26 de xuño.

- IES Maruxa Mallo: do 26 de xuño ao 30 de xuño.

 Recomendamos poñerse en contacto cos mesmos para achegar a documentación.

Fondo solidario, axudas compra de libros de texto e material escolar

Xa está aberto o prazo para o fondo solidario de libros de texto, axudas para adquirir libros e material escolar para o curso 23/24.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou opcionalmente, de maneira presencial no colexio.

A convocatoria constiste en:

-Fondo solidario de libros de texto: alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria no 23/24.

-Axudas para adquirir libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria no 23/24.

- Axudas para adquirir material escolar: toda Educación Primaria no 23/24.

- O alumnado actual de 6º de Educación Primaria ten que entregar a documentación no instituto onde solicitou praza.

 

Prazos:

    • Presentación de solicitudes do 22 de maio ao 21 de xuño.

    • Recollida de vales de libros e material  4  a 5  de xullo de 10 a 13:00 horas.

Fondo de libros:

    • Listas provisionais:  6 de xullo.

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días hábiles seguintes á publicación da listaxe provisional.

    • Listas definitivas: 11 de xullo.

As listaxes poderanse ver no taboleiro de novas do propio centro educativo e na aplicación FondoLibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/)

O noso centro entregará os libros do fondo ao inicio do curso xunto co compromiso que as familias deben firmar e forrar (poderanse empregar os mesmos forros dun ano para outro se se conservan ben).

Achegamos o modelo de solicitude co anexo I e II, as instrucións creadas polo propio centro e o horario de atención ás familias para a entrega de documentación no caso de que se faga presencialmente.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS 4ºEI

Vimos de publicar a listaxe definitiva de admitidos e non admitidos para 4º de Educación Infantil.

Podedes consultala:

  • Presencialmente, única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
  • Telemáticamente, única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.

Tras a publicación desta listaxe definitiva, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación (artigo 36 da ORDE do 21 de outubro de 2022).

O alumnado admitido no noso centro educativo formalizará a súa matrícula na secretaría do centro do 20 ao 30 de xuño, no horario de atención ás familias.

SOLICITUDE DE COMEDOR E TRANSPORTE PARA O CURSO 2023/2024

Segundo o disposto no artigo 4 punto 1 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento nos centros sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación: “O alumnado que queira acceder aos servizos complementarios de comedor e/ou transporte e teña garantía de permanencia no centro docente e non teña que formalizar a matrícula, deberá solicitalos expresamente mediante escrito dirixido ao centro durante o mes de maio de cada ano”.

Seguindo a Instrución Conxunta 1/2022, correspondente ao transporte escolar, para manter a condición de usuaria/o con dereito ao transporte escolar, é necesario que se faga un uso continuado do transporte escolar, entendido este como o uso repetitivo del en días fixos da totalidade das semanas, no caso que non se faga uso de xeito continuado, perderá a condición de usuario con dereito a transporte.

Seguindo a Instrución 2/2022, sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión directa, @s usuarios/as do servizo de comedor escolar que durante o prazo dun mes de xeito continuado non fagan uso do citado servizo coa frecuencia solicitada, causarán automaticamente baixa no servizo, agás causas debidamente xustificadas polos usuarios/as ante a dirección do respectivo centro educativo.

 

Achegámoslles a solicitude de comedor e de transporte escolar para o vindeiro curso 2023/2024. Se están interesados, deben presentala no centro ata o 31 de maio.

 As solicitudes terán que vir asinadas por calquera dos titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles. En ambos casos, será necesario presentar xunto coas solicitudes a resolución xudicial correspondente, agás en casos de violencia de xénero.

Poden entregalas no edificio administrativo  do centro dentro do horario do equipo directivo establecido de atención ás familias (achegámolo abaixo e está na páxina web) sen cita previa.

 

Lembren acompañar a solicitude coa copia da documentación que corresponda segundo o caso:

− Usuario de transporte escolar sen servizo a mediodía: É preciso entregar un certificado familiar colectivo do PADRÓN MUNICIPAL. 

− Usuario en situación socioeconómica desfavorable: INFORME dos Servizos Sociais do Concello.

− Usuario cunha discapacidade igual ou superior ao 33%: CERTIFICADO de minusvalía.

− Familias numerosas: TÍTULO DE FAMILIA NUMEROSA.

− Se os pais traballan e non teñen horarios compatibles coa saída do alumnado: CERTIFICADO de horario con selo e asinado pola empresa.

− TRABALLADORES AUTÓNOMOS: CERTIFICADO de alta e último recibo aboado.

Enquisa de convivencia

Prezadas familias:

 

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal.

 

No marco desta estratexia realizáronse no 2015, no 2019 e no 2021 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos, o que permitiu a elaboración do Plan de convivencia do centro tendo en conta estes aspectos.

 

Transcorrida esta etapa, publícase a nova estratexia de convivencia, a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025, que contempla o seguimento e avaliación da convivencia escolar en Galicia mediante a realización dunha enquisa bianual nos centros educativos e a elaboración do posterior informe de diagnose.

 

Por tanto, no presente curso levarase a cabo unha nova enquisa na comunidade educativa, do 3 de maio ao 22 de maio de 2023.

 

A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo. Para garantir este aspecto despregaranse diversas solucións tecnolóxicas e de procedemento entre as que destaca o acceso á propia ferramenta de recollida de datos.

 

A través da ferramenta: https://www.edu.xunta.es/convivenciaxestion/ as familias poderán participar voluntariamente, independentemente dos fillos escolarizados no centro, empregando a clave de acceso que o centro lle facilitará, creadas de xeito aleatorio, para cumprimentar a enquisa premendo no apartado "Recollida de datos para as familias" (Premede aquí para acceder directamente).

 

As claves de acceso entregaranse ás familias desde o centro, xunto coas explicacións facilitadas para o proceso.

 

A todo o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria se lles proporcionará as súas claves para cubrir os cuestionarios no propio centro educativo. (Premede aquí para acceder directamente).

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

Vimos de publicar a listaxe provisional de admitidos e non admitidos para 4º de Ed. Infantil.

Podedes consultala:

  • Presencialmente: única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
  • Telemáticamente: única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou o certificado dixital.

Tras a publicación desta listaxe provisional, temos un período de reclamación de 5 días hábiles, contando como primeiro día o mércores 26 de abril e rematando o mércores 3 de maio.

Lembramos os vindeiros prazos:

  • Publicación da listaxe definitiva, 18 de maio do 2023.
  • O alumnado admitido no centro formalizará a súa matrícula na SEcretaría do centro educativo do 20 ao 30 de xuño.

Remate de entrega de solicitudes de admisión e baremación en 4º de Educación Infantil

Tras rematar o prazo de admisión, informamos do seguinte:

- Todas as solicitudes que non foron de 4º de Educación Infantil para o curso 23/24 están admitidas (tanto para diversos cursos de Educación Infantil como de Educación Primaria).

- Para 4º de Educación Infantil foron rexistradas máis solicitudes que as 25 vacantes fixadas para o alumnado de ingreso ao curso 23/24, co cal, procederemos á adxudicación de postos escolares con fase de baremo. Tendes toda a información referente a este proceso nos ficheiros achegados, cos criterios do baremo, os prazos, a posible documentación a entregar en cada caso e o horario de atención ás familias.

- Prazos a ter en conta a partir de agora:  

     * A listaxe provisional cos admitidos publicarase o 25 de abril.

     * Haberá un período de reclamacións de 5 días a partir do día seguinte da publicación da listaxe provisional.

     * Publicación da listaxe definitiva, 18 de maio do 2023.

     * O alumnado admitido no centro formalizará  a súa matrícula na Secretaría do centro educativo do 20 ao 30 de xuño.

Iremos informando na web de cando se realizarán as publicacións das listaxes no taboleiro do centro e na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/.

Admisión alumnado curso 23-24

  • Datas: Do 1 ao 20 de marzo de 2023, ambos inclusive, estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para alumnado de nova incorporación ao centro.
  • Vacantes curso 2023-2024 e horario de administración (ver documentos adxuntos).
  • Cómpre cumprimentar o Anexo II (ver documento adxunto) e asinar ambos proxenitores a solicitude e a comprobación de datos. Ademais, hai que entregar a fotocopia do libro de familia con todos os membros e aportar o padrón municipal.

 

  • Publicación da listaxe provisional de admitidos e non admitidos, antes do 25 de abril do 2023 (ver criterios de admisión en documentos adxuntos). Publicarase no taboleiro de anuncios do centro, así coma na aplicación: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

 

  • O alumnado admitido no centro formalizará  a súa matrícula na Secretaría do centro educativo do 20 ao 30 de xuño.