Vostede está aquíComplementarias

Complementarias


Carreira solidaria 2023

  O venres 20 de outubro tivemos a nosa xa tradicional Carreira Solidaria. Nesta ocasión tivemos que celebrala no pavillón por mor do inestable tempo. Como sempre os nosos rapaces dérono todo e o nivel de decibelios e esforzo alcanzou cotas nunca vistas. Vede algunhas fotos premendo no cadro luminoso.

 

Recaudouse 825€.

 

Mil grazas por seren tan solidarios!!!

 

Próximamente achegaremos o diploma e o extracto do ingreso.

Acto de despedida de 6º

No último día do curso, dedicámoslle a tarde aos nosos alumn@s de Ed. Infantil que pasaban para 1º de Primaria e os de 6º que deixaban o cole e marchaban para 1º de ESO.

Foi un acto moi emotivo.

Torneo de Brilé

Dada a aceptación por parte do alumnado polo Brilé, dende o equipo directivo, se organizou un torneo para tod@s @s alumn@s que quixeran participar. Realizaronse equipos mixtos e intercurso para que sexa máis divertido e coeducativo. O torneo baseouse nuns cuartos de final onde cada equipo xogaba 3 partidos para a súa clasificación final. Finalmente tivemos a entrega de premios onde tod@s @s participantes tiveron o seu obsequio. Premede no cartel do torneo para ver as imaxes.

Ovos de Pascua

  Si, si, si! Por fin chegaron as vacacións de Semana Santa. Necesitabamos un bo respiro despois de tanto traballo e tantos exames seguidos.

  E nada mellor que o venres 31 de marzo, último día de clase  deste trimestre, poñernos a todo o cole buscando os ovos de Pascua no pavillón (ovos previamente feitos e adornados polos nenos).

  Premede na imaxe e vede o ben que o pasamos tentando atopar o noso ovo!

Proxecto Terra concedido

Informamos de que fomos seleccionados dentro da convocatoria de actividades complementarias deste curso 22/23 para o Proxecto Terra. Este proxecto é o resultado da renovación do convenio de colaboración entre o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, coa Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

 Como parte do mesmo, ademais dunha unidade didáctica levada a cabo polo profesorado de 5º e 6º de Primaria, contamos cunha viaxe a Allariz de 2 días o 27 e 28 de abril onde se realizarán diversas accións formativas.

 O único importe que teñen que asumir as familias será o custe do transporte e a merenda da mañá e xantar do primeiro día (a idea sería traelo da casa).

As actividades, aloxamento, comida e resto de aspectos básicos serán gratuítos.

 

Nos vindeiros días enviaremos ás familias a autorización para logo poder calcular o importe do bus co alumnado que vaia a asistir.

O alumnado irá acompañado durante toda a viaxe por dous mestres/as.

O plan detallado dos 2 días e o tipo de roupa a levar tendelo nos ficheiros anexos.

Premede na imaxe para ver un vídeo antigo sobre Allariz e algunha das actividades.

Día da Muller

  Como todos sabedes o día 8 de marzo celebrouse o Día da Muller. No colexio unímonos a esta festividade con diversas actividades que desenvolvimos durante toda a semana. Ese día tivemos a agradable visita de Ana Sánchez, unha famosa endocrinóloga e antiga estudante no cole do Mesón que lles veu dar unha charla aos nosos rapaces. Para ver as primeiras fotos (haberá máis) premede na imaxe.

Entroido 2023

  Si, si, si! O ENTROIDO xa está aquí. O venres 17 foi o noso día grande despois de toda unha semana de diversión. Ese día fixemos o noso gran desfile pola vila do Mesón acompañados dos que quixeron vir. Foi toda unha auténtica peregrinación. Para ver fotos premede na imaxe.

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos o Día da PAZ no cole. Todos os cursos elaboramos caligramas e escribimos poemas sobre esta conmemoración. Preme na imaxe e verás algunha foto! Agardamos que vos guste!

FAXPG

 O venres 27 de xaneiro viñeron ao noso cole Javi e Isa, ambos os dous membros de FAXPG, que é a asociación das persoas xordas. Isa non pode oír e Javi si, pero coñecen a linguaxe de signos. Viñeron explicarlles aos nosos rapaces como é o día a día dunha persoa con esta discapacidade. Logo déronnos esta presentación sobre o tema. Preme na imaxe para ver as fotos.

Merendas saudables en Educación Primaria

Queremos comunicarvos que a partir do próximo luns día 16 de xaneiro, na etapa de Educación Primaria levaremos a cabo o calendario de merendas que se estableceu en Educación Infantil a principio de curso, querendo así contribuír á consecución duns hábitos de vida saudables e á erradicación de problemas que derivan de compartir alimentos de todo tipo durante o tempo do recreo, sobre todo naqueles nenos e nenas que teñen alerxias e/ou intolerancias.

Por elo, tomouse a decisión de que todo o alumnado merendará nas aulas antes de saír ao patio, tentando na medida do posible, seguir o calendario de merendas establecido.

O alumnado que non queira merendar (ou que xa non merendaba habitualmente no recreo), non ten a obriga de traer merenda.

 

 

Tamén podedes descargar e imprimir a versión adxunta en pdf que podedes ver aquí abaixo.