Vostede está aquíAnimación á lectura

Animación á lectura


Letras Galegas e Apadriñamento lector

E de propina os nosos rapaces maiores lendo contos.

Día do Libro 2020

Ola Rapaces: Ven o Día do Libro e Ardemiro quere que teñades boas lecturas aseguradas. Premede na esquina inferior dereita para poñer a presentación a toda pantalla e premede na dereita para pasar as páxinas, logo clicade no libro que máis vos apeteza ler e ... listo! Ánimo a todos. Vémonos pronto!

Contando contos

  Despois da visita de Zaira o Día da Non Violencia, agora foi o turno de María (a nai de Hugo e Sara) que nos contou que hai algunha piraña á que lle gusta a froita e que intentou convencer ás súas compañeiras para que comesen bananas, pero non sei ben como acabou a historia.

Día do Libro 2019

  Un ano máis celebramos o DÍA do LIBRO (23 de abril) como se merece. Aparte doutras actividades dentro das aulas, os alumnos de 4º, 5º e 6º como é tradicional ensaiaron por parellas varios contos que logo lles contaron este día e o seguinte aos máis pequenos. Tristemente o mal tempo non nos permitiu usar os patios como o ano pasado e tivémolo que facer en diversos recunchos do cole. Ao final, aparte de pasalo ben, todos tivemos un regalo sorpresa: un pin do noso amigo Ardemiro!

  Pero iso non foi todo. O día 24, pola tarde, os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º recibiron a visita da gran escritora Ánxela Loureiro da que previamente tiñan lido algúns libros. A sorpresa é que Ánxela, ademais de escribir uns libros fantásticos, tamén sabe tocar a guitarra e cantar moi ben. Así que a súa charla foi realmente divertida. Logo, con moitísima paciencia asinounos moreas de libros. Pasámolo de medo e esperamos que volva pronto ao noso cole. Se queredes ver fotos, premede nas imaxes.

O biscoito de Martiño

  O día 1 de abril, por cortesía da ditorial ANAYA, volveu visitarnos un vello coñecido do noso cole: o contacontos Iago López. Contounos de novo a historia do cociñeiro Martiño que lle quería facer un biscoito ao rei. Como sempre pasámolo de medo con el e esperamos que volva cantas veces poida. Se queredes ver fotos, premede na imaxe.

Adventurízate

  Esta temporada que falta para as vacacións de Nadal estamos a facer unha nova actividade, que consiste en visitar o noso gran calendario mural e descubrir todos os días un libro que nos levará a unha nova e apasionante "adventura".

  Aquí, na nosa páxina web, teredes unha foto diaria coa recomendación descuberta, así que todos (nenos e adultos) non esquezades de mirar aquí.

  Clicade en Ardemiro para ver as fotos.

Iago López

  Como as anduriñas en primavera, todos os anos volve Iago López polo noso cole e sempre o recibimos con alegría porque pásamolo de medo cos seus contos.

  Esta vez (4 de maio) tocoulle o turno á "Axente Riciños" e a súa aventura coa familia dos osos no bosque dos contos. Para ver fotos, premede coma sempre na imaxe.

María Canosa

  O mércores 2 de maio tivemos o pracer de ter no cole do Mesón, por cortesía da Editorial Anaya, a presenza da gran escritora (e enxeñeira ao mesme tempo!) María Canosa Blanco que lles deu unha charla aos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º e, ao final, lles firmou exemplares dos seus libros.

  María cumpriu coas expectativas e captou a atención e o interés do público. Para ver fotos, preme na imaxe.

Apadriñamento Lector 2018

  Para celebrar axeitadamente o DÍA do LIBRO (23 de abril) desde o mércores 25 ao venres 27, despois do recreo, os alumnos maiores léronlle contos aos máis pequeniños.

  por suposto, leron e prepararon esta representación durante toda a semana anterior para que saíra o mellor posible.

  Se queredes ver algunha foto, premede na imaxe.

O Cociñeiro Martiño

  O día 24 de maio pola tarde recibimos, por cortesía de Editorial ANAYA, a sempre grata visita do xa vello coñecido noso Iago López que nos contou a historia dun cociñeiro que quería facerlle un biscoito ao rei ...

  O público (os alumnos de Ed. Infantil, 1º e 2º) pasouno de medo e participou na historia. Mirade algunhas fotos premendo na imaxe.