Vostede está aquíDeportes

Deportes


Patinaxe 2017

 O día 1 de maio no pavillón do CEIP Castelao en Ordes tivo lugar a "VII Ehibición de Patinaxe" que, como de costume, contou con varias nenas e nenos do noso colexio.

  Houbo unha gran cantidade de público que gozou da actuación de patinadoras e ximnastas. Se queredes ver fotos, premede na imaxe. 

Taekwondo en Coruña e Portugal

  O sábado 8 de Abril, tivo lugar o torneo Copa Cidade da Coruña de Taekwondo no que participou o club BOUDSPORT, do que 2 alumnos do centro forman parte: Mateo Boudjenane e Daniel Botana. Ambos os dous subiron ao podio, obtendo medalla na mesma categoría:
Mateo Boudjenane- 1º clasificado -Medalla de ouro.
Daniel Botana- 3º clasificado- Medalla de bronce.
 
  Os resultados aínda foron mellores no Open de Portugal, celebrado na cidade de Canedo. Mateo e Daniel eliminaron a todos os adversarios e enfrontáronse na final, sendo ouro e prata respectivamente. Noraboa!!!
 

A Madalena 2016

  O venres 2 de decembro os nosos alumnos de 4º, 5º e 6º foron a Castrofeito, á carballeira da Madalena, a participar na competición de campo a través. O día foi excelente, moi soleado, e pasárono de marabilla. Por enriba, Mateo de 5º, acadou unha medalla. Noraboa! Para ver fotos premede na imaxe. 

Patinaxe 2016

  O 1 de maio, no pavillón polideportivo do CEIP Castelao, tivo lugar a "VI Exhibición de Patinaxe". Novamente máis de 300 patinadores, a maioría nenas, fixeron gozar ao público presente. Como todos os anos tiveron unha destacada participación as alumnas e alumnos do noso cole. Premede na imaxe para ver as fotos.

Campo a Través 2015

 O xoves 11 de decembro os nosos rapaces de 5º e 6º foron á carballeira da Madalena en Castrofeito (O Pino) onde se celebraba a fase comarcal de Campo a Través.

  O tempo acompañou este ano (foi un fermoso día de sol que facía máis bonita a paisaxe) e non houbo ningún percance. Todos o pasaron xenial a pesar do moito que suaron na carreira. Premede no debuxo e vede as fotos que o demostran.

Patinaxe 2015

 O domingo 3 de maio tivo lugar no Pavillón polideportivo do CEIP Castelao de Ordes a "V Exhibición de patinaxe" con máis de 300 participantes, nenas na súa inmensa maioría. Este ano tamén participaron varios alumnos (e algunha ex-alumna) do noso cole. Noraboa polo ben que o fixeron!

Campo a Través en Castrofeito 2014

   O venres 12 de decembro, pese ao día frío e chuvioso, os nosos alumnos de 5º e 6º xunto a outros da Silva (Cerceda) foron ata a carballeira da Madalena en Castrofeito (O Pino) onde se celebraba a fase comarcal de Campo a Través.

  Os nosos rapaces competían na categoría infantil e, como sempre, tiveron unha destacada actuación: Abel (4º posto) e Alba (2ª) acadaron medalla pero todos se esforzaron ao máximo. Noraboa!!!

Atletismo en pista 2014

  O día 22 de marzo pola mañá, en Santiago de Compostela, alumnos do noso colexio participaron na fase intercomarcal Santiago - Noia de atletismo en pista.

  As categorías foron alevín masculino e feminino e infantil masculino e feminino. As probas foron: 80 metros lisos, 500 metros lisos, lanzamento de peso (2 kg), salto de lonxitude e salto de altura.

Campo a Través 2014

  O 10 de xaneiro os nosos alumnos de 5º e 6º participaron na fase comarcal de Campo a Través Escolar (circuito do CPI Fonte Díaz na localidade de Touro). Os seus resultados foron excelentes: Alba de 6º e Abel de 5º acadaron medalla ao chegar entre os primeiros, mentres Alba de 5º foi a campiona da súa categoría. NORABOA!

  O sábado 18 de xaneiro na competición de campo a través na alameda de Santiago, acudiron tres dos nosos alumnos: Alba (6º curso) acadou o 19º posto. Abel (5º) foi o 18º da súa categoría. Finalmente, Alba (5º curso) quedou sétima e clasificouse para a fase provincial.

  O 15 de febreiro en Salgueiriños (Santiago) na fase provincial do Campionato, a nosa representante, Alba (5º curso), cun formidable desempeño acadou o 19º posto.

Aprendendo judo 2013

  En setembro tivemos unha exhibición de judo no noso colexio. Tres membros do Compostela Judo Club, os seus profesores David Fernández, Brais García e Xaquín Baldomir ensinaron aos nosos alumnos algunhas técnicas básicas deste deporte. Pasámolo moi ben e aprendemos moito. Se queredes ver fotos, facede clic na rapaza. Se queredes velas con música, premede aquí.