Curso 2018-19, Actividades extraescolares, Outras actividades

CONCURSO XL CERTAME TERRA CHÁ

Fallado o concurso do XL Certame Terra Chá, convocados pola asociación de Xermolos de Guitiriz, resultaron premiados deste colexio o seguinte alumnado:

                                 Carla Souto Guitiérrez , na categoría 3º ciclo, no apartado de debuxo.

                                 María Otero Díaz, na categoría 3º ciclo, no apartado de poesía.

                                Martín Mouteira Gómez, na categoría de 2º ciclo, no apartado de prosa.

                                Nara Tenreiro Quintela, na categoría de 3º ciclo, no apartado de fotografía.

                               Cristina Insua Cendán, na categoría de Infantil, no apartado de murais.

                               Alex Insua Cendán, na categoría de Primaria, no apartado de murais.

Parabéns!!!!!!!!

 

                           Os premios son entregados o 4 de agosto, ás 6 da tarde, no Festival de Pardiñas.

 

 

 

FIN DE CURSO

Chega o fin de curso e para celebrar que imos empezar un período de descanso temos preparadas unhas actividades durante a semana:

MARTES, DÍA 18:

 Espectáculo “Maxia dos valores", realizado polo mago Rafa.

 Partido de brilé 1º e 2º

MÉRCORES, DÍA 19:

 Partido de brilé 3º e 4º

XOVES, DÍA 20:

-Obra de teatro “Peitéate”, representada polo alumnado de teatro,  actividade extraescolar da AMPA .

-Contacontos para todo o alumnado protagonizado por Érica.

-Partido 5º e 6º

VENRES, DÍA 21:

 FINAIS DE CAMPEONATO BRILÉ:

Final pequenos

Final maiores

Final gañadores- profes

Entrega medallas e actuacións posibles.

Festa de despedida

 

 

PROGRAMA "ATRÉVETE"

O alumnado de 6º de Educación Primaria, participou neste curso no programa "Atrévete"

Este programa que se desenvolve no marco do Plan eduemprende vai dirixido a fomentar, motivar, e sensibilizar ao alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria no espírito emprendedor.

 

Esta acción establécese dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, e as diferentes asociacións empresariais, en favor do impulso da cultura emprendedora entre o alumnado e darlle a coñecer ao tecido empresarial da súa contorna.

Logo das actividades levadas a cabo durante todo o curso (charlas, visitas a empresas,...), houbo un concurso para o alumnado "Atrévete a ter unha idea", no que participou alumnado de todo Galicia.

Neste concurso obtivo o 1º premio Antonio Lestón Geada, alumno deste centro co proxecto "Váter canino público".

PARABÉNS !!! e a seguir creando.

 

 

SAÍDA DO ALUMNADO DE 5º DE ED. PRIMARIA

O luns, día 17 de xuño, o alumnado de 5º de Educación Primaria, realizou unha saída para visitar os Museos da Casa do Home e o Aquarium na Coruña, que lles permitiu comprender mellor o mundo no que vivimos. 

Xantaron nos arredores da Torre de Hércules e logo de facer unha pequena ruta para coñecer eses paraxes, regresaron ao centro.

INFANTIL VAI AO CINE

O alumnado de Educación Infantil, trasladouse a Lugo para asistir ao estreno da película "Mr. Link, el origen perdido",  o venres, día 14 de xuño.

SAÍDA POLA CHAIRA

O luns 10 de xuño o alumnado de 4º de primaria realizou unha saída para visitar a exposición de zocas na casa-escola de Muimenta, facer unha visita teatralizada ao Castro de Viladonga e coñecer o Pedregal de Irimia para rematar vendo o aeródromo de Rozas.

 

SAÍDA AO CASTRO DE VILADONGA

O luns 10 de xuño o alumnado de 3º de primaria realizou unha visita teatralizada ao Castro de Viladonga para coñecer o seu museo e participar nun obradoiro de numismática.

CERTAME BENXAMÍN PAZ

No XXI Certame Literario Benxamín Paz, convocado polo CEIP Insua Bermúdez, resultou gañadora do 1º premio de poesía a alumna deste centro María Otero Díaz co seu poema "As Abellas".

Animala a que siga escribindo e creando novos textos.

PARABÉNS!!!

CERTAME BENXAMÍN PAZ

 No XXI Certame literario Benxamín Paz, convocado polo CEIP Insua Bermúdez, resultou gañadora co 1º premio, a alumna de sexto de Primaria deste centro, María Díaz Otero, co poema "As abellas".

 

 PARABÉNS!!!!!!!!

VISITA DO ALUMNADO DAS GARDERÍAS AO NOSO CENTRO

O alumnado das garderías "Galiña Azul" e Municipal, visitáronnos o luns, día 3, e o xoves, día 6 de xuño, respectivamente; para coñecer as aulas, as profes e as distintas dependencias do centro ao que moitos deles e delas acudirán o vindeiro curso.

Distribuir contido