SAÍDA DO ALUMNADO DE 5º DE ED. PRIMARIA

O luns, día 17 de xuño, o alumnado de 5º de Educación Primaria, realizou unha saída para visitar os Museos da Casa do Home e o Aquarium na Coruña, que lles permitiu comprender mellor o mundo no que vivimos. 

Xantaron nos arredores da Torre de Hércules e logo de facer unha pequena ruta para coñecer eses paraxes, regresaron ao centro.