Curso 2016-17, Actividades extraescolares, Outras actividades

FIN DE CURSO

       O venres, día 23, contamos no centro, co mago Akex para rematar o curso con maxía.

      Tamén tivemos vídeos para infantil, xogos para o alumnado de 1º e 2º, e o partido final do torneo de brilé, que se estivo desenvolvendo nestes últimos días co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º.

   Acabamos cun partido amistoso entre o equipo gañador e o equipo de "Profesores molones".

     

                BO VERÁN PARA TODOS E TODAS!!!!!!!!

TEATRO "AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS"

O día 22 de xuño, o alumnado de 6º de Educación Primaria, representou no centro, para os demais compañeiros e compañeiras,  a obra de Carlos Casares, "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas", participando todos e todas en distintos ámbitos da obra (música, decorados, efectos especiais,...)

A continuación, proxectouse o vídeo coa biografía de Carlos Casares, onde participou actuando todo o alumnado do centro.

SAÍDA Á MADALENA

O alumnado de Educación Infantil, o día 22, xoves; fixo unha saída á praia da Madelana, onde despediron o curso, xogando e tomando o tentempé.

SAÍDA POLA VILA

O alumnado de 2º de Primaria, realizou unha saída andando pola vila, para visitar o Museo Prehistórico e as oficinas de Correos de Vilalba, o día 7 de xuño. Logo gozaron tomando o tentempé no parque da gardaría municipal e xogando un pouquiño..

Preme para ollar algunha foto.

VISITA A DISPRAVIA

O alumnado de 4º de Primaria, visitou as instalicións de DISPRAVIA, no polígono  industrial de Vilalba, o día 6 de xuño, para coñecer o proceso de elaboración do roscón de Vilalba, produto sobre o que estiveron traballando este curso.

 

VISITA A SANTIAGO

O martes, día 30 de maio, o alumnado de 6º de Educación Primaria, realizou unha saída a Santiago para visitar a TVG, o Parlamento de Galicia, o Museo do Pobo Galego e a Cidade da Cultura.

Tes aquí algunha imaxe.

SAÍDA A VEGADEO

O alumnado de 3º de Educación Primaria realizou unha visita a Vegadeo para participar nun obradoiro de elaboración de compost caseiro no CFC (Centro de Formación e Consumo) o día 30 de maio.

Preme para ver algunha imaxe.

Día dos MERCADOS

Con motivo do día dos Mercados, o venres, 26 de maio, o alumnado de 2º de Primaria, visitou o Mercado de Abastos de Vilalba, para participar nunha visita guiada, organizada polo Concello, co fin de achegar os produtos alimentarios estacionais ao alumnado. Preme para ver fotos.

VISITA Á CORUÑA

O alumnado de 5º de Primaria, realizou unha saída Á Coruña, para visitar os Museos Científicos (Casa das Ciencias, Aquarium e Domus). Acabaron tomando a merenda no Monte San Pedro, antes de regresar ao colexio.

 FOTOS

VISITA A AVIFAUNA

 

O alumnado de 1º curso de Educación Primaria realizou o día 23 de maio unha visita ao Parque zoolóxico ornitolóxico Avifauna en Outeiro de Rei co fin de potenciar o coñecemento e acercamento á  colección de 200 especies de aves que alí se atopan e de fomentar o  cuidado do medio ambiente e a  conservación da biodiversidade.

   Tamén visitaron a área recreativa de Penas de Rodas, no mesmo concello.  

 

 


Distribuir contido