Curso 2014-15, Actividades extraescolares, Outras actividades

FIN DE CURSO

O pasado 19 de xuño finalizou o curso 2014-2015 e celebrámolo con diferentes actividades: xogos diversos, recitado de poemas, intercambiamos presentacións entre diferentes aulas, compartimos espazos, distribuímos a revista CHARETAS e despedímonos ata o vindeiro curso desexando unhas felices vacacións a todos e todas.

 

FELICES VACACIÓNS !!!

VISITA AO MUSEO ARQUEOLÓXICO DE VILALBA

   O martes, día 2 de xuño, o alumnado de 5º de primaria fixo unha visita ao Museo Arqueolóxico de Vilalba onde ademáis de coñecelo participaron nun taller de cerámica.

XORNADA DE CONVIVENCIA

O martes, día 2 de xuño, o alumnado de infantil disfrutou dunha xornada de convivencia na área recreativa da Madalena onde participaron en xogos tradicionais e do momento relaxante do tentempé.

EXCURSIÓN A SANTIAGO

  Resultado de imagen de catedral de Santiago     O día 29 de maio, o alumnado de 6º de primaria realizou unha excursión a Santiago de      Compostela para  visitar as instalacións da TVG e o Parlamento de Galicia, onde foron        recibidos polo deputado da nosa vila, Agustín Baamonde. Xa pola tarde visitaron a              Catedral e os seus arredores para acabar no Museo do Pobo Galego e o MUPEGA.

                        De seguro que tiveron que andar Caminar gifs imagenessen demora para visitar todo.

VISITA A AVIFAUNA

  Resultado de imagen de avesO día 27 de maio, o alumnado de 1º e 2º de primaria foi visitar o Centro de Interpretación AVIFAUNA, lugar de interese ambiental, onde atopamos unha grande variedade de aves de distintos paises, algúns en perigo de extinción.

 

 

 

 

EXCURSIÓN A RIBADEO

   O día 26 de maio o alumnado de 3º e 5º B de primaria fixeron unha Resultado de imagen de ascensor panorámico ribadeoexcursión a Ribadeo para visitar o casco histórico baixando no ascensor panorámico ao peirao. Tamén visitaron o Centro de cultivos mariños e deron un paseo en barco pola ría para finalizar na praia de Arnao. 

 

 

 

 

COÑECENDO INSTITUCIÓNS LOCAIS

O alumnado de infantil  acudíu á Praza da Constitución o mércores, día 20 de maio, para coñecer os traballos nas distintas institucións da localidade: Garda Civil, Protección Civil e Policía Local.

VISITA A UNHA PANADERÍA

O alumnado de 3º e 5º de primaria  visitaron  as instalacións da Tahona Currás desta localidade, para coñecer o seu funcionamento.

Fixérono en pequenos grupos nos días 19 e 21, martes e xoves de maio.

VISITA AO MUIÑO DO RAÑEGO

Resultado de imagen de muiño do rañego vilalbaO luns, día 11, o alumnado de 6º de primaria realizou unha ruta a pé ata o Muíño do Rañego, onde visitaron as súas instalacións e viron o seu funcionamento. Despois achegáronse ata a Ponte Rodríguez e seguidamente dirixíronse ata a ponte dos Novos  para ver onde conflúen os ríos Madalena e oTrimaz, formando o río Ladra.

Distribuir contido