Curso 2014-15, Actividades extraescolares, Outras actividades

LETRAS GALEGAS

O martes, día 12, para iniciar a conmemoración das Letras Galegas, tivemos un concerto de Uxía, cantante galega que nos deleitou con varias cancións do seu repertorio. O concerto foi para todo o alumnado nas instalacións do Centro.

Tamén visitamos o IES "Lois Peña Novo" onde fixemos chapas coas palabras en galego que cadaquen elexíu e nos ensinaron algunha das súas aulas onde o alumnado participou en actividades que tiñan programadas para os nenos e nenas. Esta actividade foi o mércores, día 13, para o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria e o luns, día 18, para 4º, 5º e 6º.

O venres, día 15, fixemos xogos populares en todo o Centro con todo o alumnado.

PREMIADOS NO CONCURSO "A FESTA DA FILLOA"

Resultaron premiados no concurso de debuxo e relato "A Festa da Filloa" convocado pola Festa de Interese Turístico de Galicia, "Festa da Filloa de Muimenta" , na súa XXIV edición, os seguintes alumnos e alumnas deste Centro:

RELATO:

2ª categoría: Nerea Villar Ferreiro, 2º premio en relato.

3º categoría: Lucía Díaz Darriba, 1º premio en relato.

DEBUXO:

Juan José Fraga Montero, 1º premio.

OS NOSOS PARABÉNS!!!!!!!!

ACTIVIDADE DE ANIMACIÓN EN INGLÉS

   O pasado xoves día 16 de abril, o alumnado de sexto de ed. primaria puido  participar nunha actividade de animación en lingua inglesa dirixida polo responsable da editorial dos nosos libros de texto, durante a cal puideron realizar unha visita virtual á cidade de Londres e aos seus lugares máis representativos.

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

O día 7 de abril celebrouse o DÍA MUNDIAL DA SAÚDE. Con este motivo estánse a organizar unhas charlas para o alumnado de 5º e 6º de primaria en coordinación con Servicios Sociais.

DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

O 21 e 22 de marzo celébranse os días mundiais da árbore e da auga. Con tal motivo a Deputación obsequiounos cun acivro que plantamos o xoves, día 19 ás 12 h coincidindo cos colexios da nosa provincia. Fixémolo no patio do noso cole, diante do Aulario, bautizándoo co nome de "Espiña", elexido previamente no Centro entre todos os propostos polo alumnado.

VIAXE A LUGO

O alumnado de 3º e 5ºB de primaria viaxaron a Lugo o día 17 de marzo para realizar unha visita ao Parque de Bombeiros e ao Museo Provincial de Lugo.

No Museo participaron no programa educativo "Crea o teu propio museo" , deseñado e pensado para distintas etapas educativas para coñecer, comprender, valorar e gozar das coleccións e espazos que conforman parte do patrimonio histórico artístico e cultural da provincia de Lugo. (fotos)

SEMANA DA PRENSA

Do 9 ao 13 de marzo celébrase a "SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA". É unha commemoración que aparece no Calendario Escolar de Galicia dende 1989 co fin de integrar os medios de comunicación na aula e na que alomenos algún día trabállase na aula con xornais para o que contamos cos suplementos A Chaira que nos facilitou  "El Progreso" o martes e co xornal do xoves.

SAÍDA AO PARQUE DE BOMBEIROS DE VILALBA

O mércores, día 11 de marzo, o alumnado de 1º e 2º de Primaria realizou unha saída ao Parque de Bombeiros de Vilalba para coñecer as instalacións, uniforme, instrumentos e o funcionamento xeral. (fotos)

SAÍDA A LUGO

O alumnado de 3º e 5ºB, fixo unha saída a Lugo, para realizar dúas propostas didácticas organizadas polo Centro comercial "As termas":

- Participaron na II edición de Phänomenta que está composta por 28 experimentos para descubrir como funcionan principios físicos como a gravidade, a inercia,... ou por que se producen determinados fenómenos da natureza e das matemáticas.

- A continuación foron ao cine a ver a película "O libro da vida". (fotos)

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O venres, día 6 de marzo, conmemoramos o DÍA DA MULLER TRABALLADORA no Centro, coa lectura de poemas de María Mariño, Francisca Herrera, Filomena Dato e Pura Vázquez que realizou alumnado de 6º.

Distribuir contido