Curso 2012-13, Actividades Extraescolares, Outras actividades

FIN DE CURSO

Celebramos o fin de curso con diversas actividades, entre elas unha obra representada polo alumnado que asisitiu a actividade extraescolar de teatro organizada pola APA deste centro durante o curso.

Ver fotos

LETRAS GALEGAS 2013

Con motivo da conmemoración do día das Letras Galegas realizáronse varias actividades:

- Dende o E.D.N.L. propúxose a elaboración dun marcapáxinas que foi repartido a todo o alumnado.  Nel  ensalzouse a figura de Roberto Vidal Bolaño, autor a quen se lle adica este ano.

- O alumnado do centro achegou os seus traballos para confeccionar a revista Charetas deste ano, que foi entregada a todas as familias. Tamén podedes disfrutala dende o enlace que hai nesta web.

- O pasado día 27 de maio tivo lugar unha representación de títeres a cargo da compañía "Títeres Tres Globos" (fotos). Tamén recibimos a visita da asociación de mulleres rurais de San Bartolomeu (Insua) que deron a coñecer os traballos que antigamente se practicaban en torno ao liño.


MÚSICA NO 3º CICLO DE E.P.

O alumnado de 6º confeccionou un mural exposición

sobre o Bicentenario do nacemento de dous grandes

compositores de música clásica: R. Wagner e G. Verdi.

 

                                            

 

 O alumnado de 5º elaborou frautas de Pan.

 


DÍA DA ÁRBORE

O día 22 de marzo, con motivo da celebración do Día Mundial da árbore, plantouse na zona verde do Centro un bidueiro donado pola Deputación. O seu nome é "CHISPA", foi escollido ao chou de todos os que foron propostos polo alumnado do Centro. Ás 12,00 h. e coincidindo con todos os Centros da provincia de Lugo que se sumaron a este proxecto, foi plantado e bautizado (regado por primeira vez). (fotos)

08 DE MARZO 2013

O alumnado do Centro conmemora o Día Internacional da Muller con diferentes actividades.                           

Mural realizado polo alumnado de Ed. Infantil do Centro.

ENTROIDO

É tempo de Carnaval e, aínda que non imos facer festa, o  Señor Entroido algo quere argallar...

O mércores unha garabata nos manda poñer. O xoves garabata e zapatos diferentes nos pés, e para rematar e moi guapos estar, o venres garabata, zapatos diferentes e algo máis que cadaquén debe pensar.

Que non quere o Sr. Entroido pasar sen dar que falar.

DÍA ESCOLAR DA PAZ

O alumnado deste Centro realiza distintas actividades para conmemorar o DÍA ESCOLAR DA PAZ ( 30 de xaneiro), entre elas, un ciclo de cine no que os alumnos e alumnas aproveitarán para traballar este tema a partir das seguintes proxeccións:

- E. Infantil....Little Einstein's

- 1º Ciclo de E. Primaria....La Bella y la Bestia

- 2º Ciclo de E. Primaria....Bichos

- 3º Ciclo de E. Primaria....Up 

          Realízanse tamén actividades plásticas nas aulas, sendo unha delas en conxunto cos outros dous centros da localidade: unha pequeniña pancarta individual cun motivo significativo deste día.

PREMIADOS NO CERTAME DE POESÍA DA BIBLIOTECA

No CERTAME DE POESÍA INFANTIL NADAL 2012 que convoca a Biblioteca Municipal de Vilalba recibiron premio os traballos presentados polos seguintes nenos/as deste Centro:

- Rachel Elizabeth Rodríguez

- Brais Prieto López

- Beltrán Penas Teijeiro

- Nabila Prieto Nzana

- Alberto Souto García (Accesit)

 

Parabéns a tódolos premiados.

VISITA DE GÓMEZ NOYA

 O pasado venres, día 14 de decembro, recibimos no cole a visita, que nos brindou desinteresadamente, Javier Gómez Noya,  triatleta galego, Subcampión Olímpico en Londres 2012, doble Campión do Mundo de Triathlón e triple de Europa, e recentemente Campión do mundo de XTerra .

Os nenos e nenas de 5º e 6º puideron compartir con el as súas experiencias nunha amena charla coa que conseguíu transmitirlles ese espíritu de superación, de traballo, de loita por acadar a meta que cada un se propón.  A súa humildade e proximidade demóstranos a gran persoa que, en esencia, é. 

Dende aquí agradecemos o seu paso polo noso Cole e desexamos que siga conseguindo moitos máis éxitos.

O NADAL

É tempo de Nadal, e cos nosos traballos decoramos as aulas e corredores do cole.(fotos)

Compartimos coa comunidade escolar os nosos bos desexos para estas Festas.

Distribuir contido