SEMANA DE CELEBRACIÓN DO 50º ANIVERSARIO DO COLEXIO

Estamos de celebración. Como xa vimos anunciando por distintos medios, o noso colexio está de aniversario, cumpre 50 anos e aínda que durante o curso fomos facendo algunha cousiña para conmemorar este evento, nesta semana entramos de cheo con distintas actividades:

     * Recreación dunha aula dos anos 60, onde o alumnado terá ocasión de ver e probar algún material que se utilizaba nesa época. Tamén terá ocasión de tirar unha foto como as de antano diante dun mapa.

     * Durante os días 21, 22, 23 e 24 sairán en antena de "Radio Principal de Vilalba, Cadena Ser" uns programas realizados polo alumnado do centro, onde se entrevistarán a persoas relacionadas co colexio en distintos momentos, se coñecerán noticias da época, contarannos os xogos, cantigas e sorteos de entonces e como non, relatarannos a historia do noso colexio.

    

     * Durante toda a semana, volveremos á escola de antes. Nunha sesión tratarase de propoñer actividades como as que se realizaban nos anos 60-70: caligrafía, cantar as táboas, proba do nove, ...

     * O venres, día 25, teremos unha mostra de xogos tradicionais, que nos presentará a asociación XOTRAMU.

     * Faremos unha exposición de fotos que quedará colocada nos corredores do colexio.

     * E para rematar, o sábado día 26, xuntarémonos para descubrir un monolito  e para un xantar que terá lugar no colexio, persoas que dalgún xeito tivemos que ver nestes 50 anos co colexio para recordar e compartir momentos entrañables. Estaremos acompañados polo grupo de gaitas "Mato Vizoso" que naceu e andou os primeiros pasos grazas a APA do Mato Vizoso, aló polo ano 1988.