Curso 2021-2022

Taboleiro curso 2021-22

AVISO

Debido á situación Covid, outro ano mais non faremos xornadas de acollida para o alumando de nova incorporacion. Ainda así convidamolos a unha visita ao noso centro para coñecer as nosas instalacións.

A visita será o día 23 de febreiro ás 16.15 ou 17.00 horas. Para confirmar asistencia ou resolver calquera dúbida podedes chamar ao 982870890.

 

 

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS PARA O CURSO 2022-2023

 

O alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Manuel Mato Vizoso que o vindeiro curso vaia continuar os seus estudos no IES Santiago Basanta Silva (centro adscrito ao noso ) deberá realizar a reserva de praza entre:

o 11 de xaneiro e o 8 de febreiro

(Ambos incluídos)

Para tal efecto deberán cubrir e asinar debidamente o Anexo I ( formulario normalizado ED550A) que lles facilitamos e entregalo na secretaría deste centro.Tamén se poderá solicitar a reserva de xeito telemático na aplicación admisionalumnado.

 

 

 AXUDAS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

ENTRE O ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA

Segundo a Orde do 28 de outubro de 2021pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial en centros docentes públicos dependentes da Consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22.

DESTINATARIOS:  Alumnado matriculado en Educación Primaria.

PRAZO:  Entre o 15 e 26 de novembro.

SOLICITUDES:

-Non ten que presentar solicitude o alumnado beneficiario da axuda de material  escolar no curso 2021-2022.

-Ten que presentar a solicitude o alumnado NON beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 e cumpra:

-Renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros ( exercicio do 20219)

-Alumnado matriculado en Educación Escpecial.

-Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia

-Alumnado con grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

As solicitudes presentaranse no centro xunto ca seguinte documentación.

-Anexo I e II.

-Copia do libro de familia , onde figure o alumno ou alumna e os membros computables da unidade familiar. Tamén se pode acreditar o número de membros computables da unidade familiar presentando un Certificado de convivencia ou informe dos servicios sociais.

-Certificado do grado de discapacidade.

 

 

BENVIDOS AO CURSO ESCOLAR 2021-2022

 

ORGANICACIÓN DO 1º DÍA DE CURSO -9 SETEMBRO

ENTRADA

Entre as 09:20 e as 09:30 o alumnado de infantil, 1º e 2º curso entrará pola porta principal e  o de 3º, 4º , 5º e 6º entrará pola porta de arriba, como o curso pasado. Tamén poderán acceder pola porta traseira os alumnos/as non transportados.

Un acompañante por familia poderá acceder ao centro según se lle indique ese día.

 SAÍDA

 Os alumnos/AS  NON USUARIOS DE COMEDOR serán entregados ás 14:30 na porta asignada:

  •       Infantil:  porta lateral do aulario
  •       1º primaria: porta principal aulario
  •       2º e 3º primaria: porta patio oficinas
  •       4º,5º e 6º primaria: porta aula música

Os alumnos USUARIOS DE COMEDOR NON TRANSPORTADOS serán entregados ás 15:20 na porta asignada:

-Infantil, 1º e 2º: porta traseira do patio da aula de música

 

-3º, 4º , 5º e 6º primaria: porta dianteira do patio da aula de música

 

 

SERVIZO DE MADRUGADORES

Aquelas familias que precisen o servizo de MADRUGADORES (de 7:30 a 09:30) deberán enviar un correo electrónico a madrugadores@vilalba.es indicando o nome e apelidos do alumno/a e o nome do colexio . O prazo é dende hoxe ata o mércores 21 de xullo de 2021.

USUARIOS DE COMEDOR

Comunícase que todos os alumnos/as que solicitaron servizo de comedor escolar para o curso 2021-2022 están admitidos .

 

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021-2022

Aquí podedes consultar o listado de libros de texto para o próximo curso.

 

INTERESADOS NO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR

Os que soliciten comedor escolar deberán cubrir o anexo II ( modelo de autodeclaración e especificacións) o cal poden recoller no centro ou descargalo no enlace anterior.

No caso de ter que baremar, as datas de publicación serán as seguintes:

5 de xullo: publicación de lista provisional.

Do 5 ao 8 de xullo: Período de reclamación.

9 de xullo: Publicación da lista definitiva.

 

COLABORADORES E COLABORADORAS DE COMEDOR ESCOLAR

Ábrese o prazo para apuntarse de colaborador/a no curso 2021-2022. Os interesado/as poden recoller o impreso no centro. O prazo de presentación é ata o 8 de setembro de 2021.

 

 

INFORMACIÓN SOBRE O FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

 

A lista coa adxudicación provisional será publicada o día 28 de xuño.

O período de reclamacións serán os días 29-30 de xuño

As listaxes definitivas estarán publicadas entre o 1-2 de xullo

Os lotes de libros adxudicados a cada alumno/a serán entregados nos primeiros días de clase, no mes de setembro.  

 

                              INFORMACIÓN SOBRE A RECOLLIDA DE CHEQUES

DATAS DE ENTREGA:

          CURSOS: 1º, 2º e 3º : día 5 de xullo de 10:00 a 13:00 

          CURSOS: 4º, 5º e 6º : día 6 de xullo de 10:00 a 13:00 h

Distribuir contido