Curso 2011-12, Actividades Extraescolares, Outras actividades

LETRAS GALEGAS

Co gallo da celebración do día das Letras Galegas, estamos a preparar a nosa revista "CHARETAS". Este ano é un tanto especial, por dous motivos:

Un, porque "CHARETAS" cumpre 18 anos; e outro porque neste número, os tres centros de Educación Infantil e Primaria da localidade unificamos as nosas portadas e editoriais, aínda que conservando a identidade propia.

CHEGA A PRIMAVERA

O alumnado de 2º e 3º nivel de educación infantil prepara a chegada da primavera plantando, no mes de marzo, bulbos dos que verán saír flores como os narcisos e xacintos.(Ver fotos)

DEIXAMOS O INVERNO

O alumnado do Centro realiza actividades relacionadas coas estacións.

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

O CEIP Mato Vizoso foi seleccionado para participar durante este curso na campaña "O sabor da aventura está no mar" que leva a cabo a Consellaría do Medio Rural e do Mar, en colaboración coa Consellaría de Cultura, Educación e O.U., e a Consellaría de Sanidade.

Este programa trata de conxugar aspectos formativos e prácticos co obxectivo de incrementar o consumo de peixe fresco entre a poboación infantil.

O programa contempla dúas liñas de acción. Por un lado, a posta en marcha dunha aula itinerante que levará a cabo un obradoiro no colexio; e por outro, a achega ao comedor escolar do centro, durante os meses de marzo e abril, dunha serie de prudutos pesqueiros para a elaboración de pratos que sexan do agrado dos escolares.

ENTROIDO

  Este curso, por motivos ben coñecidos pola Comunidade Educativa, o Entroido no Centro ceñirase a dar a coñecer esta festa popular de Galicia a través de distintas actividades nas aulas.

COUSAS DE OUTONO

O alumnado deste cole, orientado polos seus titores e titoras, realizaron distintas actividades relacionadas co outono, como:

* Murais

* Plantación de castañas

* Ditos, refráns, etc

* Samaín

* Vídeo

sentímolo, flash non está dispoñible.

CONCERTO DIDÁCTICO NO COLE

   O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º asistiu a un concerto didáctico a cargo de profesorado de corda do Conservatorio de Vilalba, que tivo lugar no Colexio.

   No concerto incluíronse temas de películas de Walt Disney coas que disfrutou todo o alumnado. (Ver fotos)

Distribuir contido