Dependencias

Dependencias

   O centro consta de dous edificios (Aulario de Infantil e edificio principal), pavillón deportivo e patios de xogo.

EDIFICIO PRINCIPAL.

   Este edificio consta de tres andares, aos que podemos acceder dende dúas entradas diferentes.

PLANTA BAIXA.

   Dende ambas entradas accedes aos patios interiores, onde podes atopar as oficinas de Secretaría, Xefatura de estudos e Dirección. Ademais atópase a conserxería, aula de Ed. Musical, aseos para alumnado e profesorado e accesos ao comedor escolar e aos andares superiores.

PRIMERIO ANDAR.

   Neste andar está situada a Biblioteca e sala de audiovisuais, despacho de Orientación, sala de profesorado, aula de P. T., arquivo e dúas aulas de Ed. Primaria, ademais de aseos para alumnado e profesorado.

SEGUNDO ANDAR:

   Adicado na súa totalidade a aulas de docencia: aula de Informática, aula de A.L. e catro máis de Ed. Primaria, ademais dos aseos de alumnado e profesorado.

TERCEIRO ANDAR:

   Neste andar sitúanse: a aula de Inglés, unha aula para usos múltiples e catro máis de Ed. Primaria, ademais dos aseos de alumnado e profesorado.

AULARIO DE ED. INFANTIL

   Este edificio consta de planta baixa e primeiro andar. Na planta baixa atópanse as aulas destinadas aos nenos e nenas de 3 e 4 anos, ademaís de baños para o alumnado e un patio cuberto. No primeiro andar atópase a aula de 5 anos, dúas aulas de 1º de Ed. Primaria, unha aula de usos múltiples, aseos para alumnado e profesorado e unha pequena sala de profesorado.

PAVILLÓN POLIDEPORTIVO

   Con acceso dende o patio posterior do centro e dende a R/ do estudiante, é empregado para a docencia da área de Ed. Física.

Distribuir contido