6º Primaria

Feliz día das Letras Galegas!

Só o galego conta con palabras tan fermosas: ledicia, enxebre, saudade, morriña, orballo, sentidiño, luar, lareira, meiga, lembranza...e todas estas que tan feitiñas vos quedaron:

Día da familia 2020

Coas vosas achegas, foi posible crear este video para un día tan especial coma hoxe. 

 

 

Letras Galegas 2020

Como xa sabedes, esta semana a nosa Lingua Galega está de festa! 

Botádelle un vistazo a estas actividades coas que podedes aprender moitos datos interesantes sobre o autor homenaxeado, Ricardo Carvalho Calero.

Facendo clic na imaxe, atoparedes un video resumo da biografía e xogaredes unha peculiar partida de dardos.

    

 

Nesta outra, proponse un misterio a resolver utilizando diferentes pistas e claves. Colle a lupa!  

 

Para rematar, que mellor que este breve relato do autor, no que conta unha divertida anécdota da súa infancia.

 

A reprodución humana e o embarazo

Fai clic nas imaxes e poderás acceder a diferentes actividades sobre a reprodución: os aparatos reprodutores, a fecundación, o embarazo, o parto, etc. 

  

Xoga cos países de Europa

Repasa os países de Europa mediante estes xogos (fai clic neles):  

Crebacabezas 

Onde está? 

Onde están as capitais?

- Onde están os países da UE?

 

 

¿E se probamos a ser booktubers?

Nova proposta de actividade, esta vez sobre as lecturas "Nata y Chocolate" (6ºA) e "El asesinato de la profesora de Lengua" (6ºB).

Toda a información está no documento adxunto. Xa vos comunicamos tamén vía correo electrónico. 

Ánimo! 

6ºA - Tarefas programadas

Distribuir contido