Curso 2019-2020

Taboleiro curso 2019-20

INFORMACIÓN SOBRE RECOLLIDA DO VALE DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Datas de entrega:

4º, 5º E 6º,  día 6 de xullo, de 10:00 A 13:00

1º, 2º e 3º, día 7 de xullo, de 10:00 a 13:00

Os vales que non se recollan en xullo, poderán retiralos nos primeiros días do mes de setembro. 

 

INFORMACIÓN SOBRE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

A lista coa adxudicación provisional será publicada o venres 3 de xullo de 2020

O período de reclamacións será os días 6 e 7 de xullo

As listaxes definitivas serán publicadas o día 8 de xullo

Para a consulta de toda esta información dirixirse ó taboleiro de anuncios do interior do centro ou a través do teléfono

 

 

 MATRÍCULA CURSO 2020-21

Prazo: ata o 10 de xullo

Documentación a presentar: DESCARGAR e entregar no centro.

 

INTERESADOS NO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR

        Os que soliciten comedor escolar deberán, cubrir o anexo II (modelo de autodeclaración e especificacións) o cal se poderá recoller no centro ou ben descargalo no enlace anterior.

             As datas de publicación serán as seguintes:

                             6 de xullo: Publicación de lista provisional.

                             Do 6 ao 9: Período de reclamación.

                             10 de xullo: Publicación da lista definitiva.

 

COLABORADORES E COLABORADORAS PARA COMEDOR ESCOLAR

A partir do luns 22 de xuño, ábrese o prazo para apuntarse de colaborador/a no curso 2020-21. Os/as interesados/as poden recoller o impreso no centro.

  

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR EN EDUCACIÓN INFANTIL 

O Concello de Vilalba ven de aprobar na Xunta de Goberno Local, do pasado 16 de xuño de 2020, as Bases reguladoras da convocatoria e concesión por concorrencia competitiva de axudas para a adquisición de material escolar, dirixida a Educación Infantil (3-6 anos), para o curso 2020/21; publicadas no BOP de 20 de xuño de 2020. Toda a información premendo AQUÍ

O prazo de presentación é do 25 de xuño ao 8 de xullo

 

Convocatoria axudas adquisición libros de texto e material escolar para o curso 2020-2021

Ven de publicarse no DOG a Orde onde se convoca a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao seguinte alumnado:

Fondo solidario: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Axudas para libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e EE.

Material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º.

 

Chegará con presentar unha única solicitude (aínda que sexan dous ou máis irmáns solicitantes escolarizados no mesmo centro) tanto para fondo solidario (3º,4º,5º,6º) ou  axudas libros (1º, 2º) coma para material escolar (1º,2º,3º,4º,5º.6º).

 

Os formularios (anexo I e II) estarán dispoñibles na secretaría do centro ou descargándoos AQUÍ

As familias poderán realizar a solicitude na aplicación FONDOLIBROS: unha vez cuberta e co número de solicitude asignado, poden imprimila e entregala no centro ou ben presentala na SEDE ELECTRÓNICA.

 

O prazo remata o 19 de xuño.

 

Para máis información dirixirse á secretaría do centro.

 

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020-2021

             * Educación Primaria

             * Educación Infantil

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021

     Comunícase que todo o alumnado que solicitou praza neste centro está admitido.

     Prazo formalización de MATRÍCULA do 1 ó 10 de xullo

 

      SOLICITUDE DE TRANSPORTE E COMEDOR PARA O CURSO 2020-21

  • Todas as familias con fillos ou fillas no centro deberán cubrir a folla adxunta de transporte e comedor escolar dispoñible aquí ou no centro. Deberase entregar antes do 5 de xuño, ben a través do correo do colexio (ceip.mato.vizoso@edu.xunta.es) ou ben en persoa no centro.
  • Os que desexen transporte escolar, residindo a máis de 1km e a menos de 2 km, terán que solicitar servizo de transporte excepcional, para o que deberán cubrir o impreso correspondente, que tamén se poderá recoller no centro ou descargar aquí.

ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS PARA O TERCEIRO TRIMESTRE

 

 

 

Segundo as "Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia", os equipos docentes de cada curso deberán adaptar a programación didáctica das ensinanzas que imparten. 

 

Neste centro, despois de reunirse en claustro e logo cos respectivos equipos, o profesorado levou a cabo ditas adaptacións que quedan expostas para os efectos oportunos.

 

 

 

 
Distribuir contido