Curso 2020-21

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de novembro, celebrouse o día internacional contra a violencia de xénero. No centro fixemos distintas actividades para reflexionar sobre este tema como contos, debates, películas, murais... 

Se queres ver o vídeo dos nenos/as de 3º B pincha aquí.

Se queres ver o vídeo dos nenos/as de 3ª A pincha aquí.

Para ver o traballo dos nenos/as de 1º A podes facelo dende aquí

Magosto

Este ano, aínda que de maneira diferente, tamén celebramos o Magosto no colexio. Pasámolo moi ben cos xogos que nos prepararon os profes de Educación Física, aínda que non puidemos xuntarnos cos compañeiros doutras clases, e comendo as castañas, que estaban ben ricas. Podédelo comprobar mirando estas fotos. E bailando..... fixemos un baile moi divertido que preparamos co profesor de Música. Mirade que ben bailaron os nenos/as de infantil. Video.

Os nenos/as de primaria fixérono así de ben. Mirade

 

SAMAÍN

Os nenos e nenas do colexio fixeron estes contos  e debuxos de Samaín. Esperamos que vos gusten.

 
 
           O alumnado de Educación Infantil e 1º de Primaria viron e representaron así o Samaín.Vídeo
 
 
 
 
Distribuir contido