Curso 2010-11, Actividades Extraescolares, Outras Actividades

FIN DE CURSO

O mércores, día 22, rematou o curso. Con este motivo realizáronse actividades deportivas, actuacións do alumnado de distintos niveis e unha actuación patrocinada pola APA para todo o alumnado do noso centro.

A comunidade educativa desexa un bo verán a todas as persoas e entidades relacionadas co colexio. (Ver fotos)

MERENDA SAUDABLE EN EDUCACIÓN INFANTIL

O venres, día 17 de xuño, o alumnado de Educación Infantil celebrou unha merenda a base de alimentos sans  facendo fincapé na importancia do seu consumo para o coidado da saúde. Esta actividade realízase coa colaboración do Equipo de Educación Infantil e do Departamento de Orientación do centro.

VISITA Á TORRE DO CASTELO

O mércores, día 15 de xuño, o alumnado de 4º curso de primaria visitou o Castelo de Vilalba. O desprazamento fíxose a pé para así aproveitar a coñecer algúns outros lugares  emblemáticos da nosa vila.

VISITA AO MUSEO DA PREHISTORIA E ARQUEOLOXÍA DE VILALBA

O mércores, día 15 de xuño,  o alumnado de 5º de primaria visitou o Museo da Prehistoria  e Arqueoloxía de Vilalba para coñecer e ver os restos da época prehistórica alí expostos. Participaron nas actividades que dende o Museo lles propuxeron.

VISITA Á EXPOSICIÓN DA COFRADÍA DE PESCADORES

O martes, día 14 de xuño, o alumnado de 6º A, visitou na Casa da Cultura, unha exposición itinerante sobre cultura mariñeira. Trátase de dar a coñecer o traballo que realizan as seis cofradías da Mariña Lucense: artes de pesca, especies máis características, tradicións, oficios,etc.

VIAXE POLA COSTA LUCENSE

O xoves, día 26 de maio, o alumnado de 5º de primaria realizou unha viaxe pola costa de Lugo visitando  o Museo do Mar de Cervo, o Barco Museo de Burela, a praia das Catedrais, o Porto de Ribadeo e a desembocadura do río Eo. (Ver fotos)

TÍTERES PARA INFANTIL

O mércores, día 25 de maio, o alumnado de 4 e 5 anos de Educación Infantil viaxou a Lugo ao auditorio "Gustavo Freire" para asistir á representación de títeres "Cando chove e raia o sol" que forma parte da programación da Obra Social de Novacaixagalicia.

VIAXE DE EDUCACIÓN INFANTIL

O martes, día 24 de maio o alumnado de Educación Infantil realizou unha visita á Granxa de Belelle en Neda(Ferrol), onde participaron en distintos obradoiros:

* Elaboración de pan: amasado, manipulación coa masa e ao final o enfornado.

* Plantación de chícharos.

* Coidado e disfrute dos ponis.

* Coñecer distintas aves e outros animais. (Ver fotos)

VIAXE DE PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA

O luns, día 23 de maio, o alumnado de 1º ciclo de primaria realizou unha saída: fixeron unha viaxe en tren dende Baamonde a Lugo, aquí visitaron o Museo Provincial, a Catedral e disfrutaron dun pequeno paseo pola Muralla Romana, despois de contemplala dende o autobús. Comeron a carón do río Miño e voltaron para o cole cansos pero contentos. (Ver fotos)

TALLER DE APROXIMACION A ILUSTRACION GRAFICA

O luns, día 23 de maio, o alumnado de 4º de primaria do noso Centro participou nun "taller de aproximación á ilustración gráfica" a cargo de Óscar Villán Seoane que se realizou na Biblioteca Pública de Vilalba. Esta actividade está organizada polo ¨Departamento de Cultura do Concello de Vilalba.

Distribuir contido