Curso 2020-2021

Taboleiro Curso 2020-21

FORMALIZACIÓN DE MATRICULA

  ( SÓ ALUMNOS QUE SE MATRICULAN POR PRIMEIRA VEZ NO CENTRO)

O prazo para formalizar a matrícula do curso 21-22 é do 20 ao 30 de xuño.

Os documentos a presentar están dispoñibles na secretaría do centro ou AQUI.

 

 

CONVOCATORIA AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022

No DOG do 20 de maio publícase a orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao seguinte alumnado:

-Fondo solidario: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

-Axudas para libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e EE.

-Material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º.

NORMAS XERAIS

-O prazo de presentación de solicitude é do 21 de maio ao 22 de xuño

-Presentarase unha única solicitude para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro.

-A solicitude pódese realizar das seguintes maneiras:

     -De xeito manual, recollendo o formulario na secretaría do centro ou  descargándoos neste enlace. ANEXO I e ANEXO II.

    -Na aplicación Fondolibros. Unha vez cuberta e co número de solicitude asignado, poden imprimila e entregala no centro ou ben presentala  a través de SEDE ELECTRÓNICA.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

- Anexo I ( deberá ser asinado polos dous proxenitores)

-Anexo II debidamente asinado, para a comprobación dos membros computables da unidade familiar.

-Copia do libro de familia.

-En caso de separación ou divorcio deberase achegar a sentenza xudicial e / ou convenio regulador onde conste a atribucion da custodia do menor.

 

PRAZOS

Do 21 de xuño ao 22 de xuño. Prazo de  presentación da solicitude.

28 de xuño. Publicación da resolución provisional.

29 ao 30 de xuño. Período de reclamación á adxudicación provisional.

1 de xullo. Publicación da relación definitiva.

2 o 9 de xullo. Entrega dos vales de libros e material aos solicitantes que teñen dereito.

 

Para calquera consulta poden chamar  á secretaría do centro  (982870890) de 12:45 a 13:40.

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022

                                         AVISO

 Rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso escolar 21-22  neste centro presentáronse:

-17 solicitudes para 4º de Educación Infantil, habendo 25 prazas vacantes.

-1 solicitude para 5º de Educación Infantil, habendo 2 prazas vacantes.

-18 solicitudes para 1º de Educación primaria, habendo 26 prazas vacantes.

- 1 solicitude para 3º de primaria, habendo 18 prazas vacantes.

-1 solicitude para 5º de primaria, habendo  14 prazas vacantes.

 

Dado en ningún curso se superou o número de vacantes, todas as solicitudes quedan admitidas.

Seguiremos publicando as novidades na páxina web do centro e no taboleiro de anuncios do centro.

Lembrámoslles que o prazo de formalización de matrícula abrangue do 20 ao 30 de xuño.

 

                                                         

                                           AVISO

Este ano debido a situación COVID-19 non se farán xornadas de portas abertas, aínda así, se algunha familia está interesada en coñecer o centro pode facelo pedindo cita previa.

Se queres coñecelo un pouco máis preme aquí.

PRAZO DE SOLICITUDE: DO 1 AO 22 DE MARZO

DOCUMENTACION A PRESENTAR:

1.- Solicitude de admisión debidamente cumprimentada e debidamente asinada (modelo ED550B) que facilita o Centro ou a través da aplicación admisionalumando.

2.-  Fotocopias do libro de familia :

- da folla de inscrición do neno/a.

- da folla de inscrición do matrimonio ou titulares do mesmo.

- da folla de inscrición dos irmáns matriculados no Centro (no caso de telos).

3.- Fotocopia do D.N.I. do alumno (de telo), pai e nai (ou titores legais).

4.- Informe médico.

5.- Fotocopia da cartilla de vacinacións.

6.- Fotocopia da tarxeta do seguro médico.

7.- Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o domicilio de todos os membros da unidade familiar.

8.- Dúas fotografías tamaño carné.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

-Cada alumn@ só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

-A solicitude terá que estar preferiblemente asinada polos dous titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenito‑ ras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

-O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

NECESIDADE DE BAREMACIÓN

 No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares, abrirase un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo para presentar a documentacion xustificativa dos criterios de baremación alegados. 

 

 

Proceso de admisión regulado na Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017 e a Orde do 18 de decembro de 2020.

 

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS

O alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Manuel Mato Vizoso que o vindeiro curso 2021-2022 vaia continuar os seus estudos no IES Santiago Basanta Silva (centro adscrito ao noso ) deberá realizar a reserva de praza entre o:

11 de xaneiro e o 8 de febreiro

(Ambos incluídos)

Para tal efecto deberán cubrir e asinar debidamente o Anexo I ( formulario normalizado ED550A) que lles facilitamos e entregalo na secretaría deste centro.Tamén se poderá solicitar a reserva de xeito telemático na aplicación admisionalumnado

 

Normativa de aplicación:

-ORDE do 18 de decembro de 2020

-ORDE do 25 de xaneiro de 2017

-ORDE do 12 de marzo de 2013

-DECRETO 254/2012, do 13 de decembro.

 

 

 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Destinatarios: Alumnado de educación primaria

Solicitudes:

  • Non ten que presentar a solicitude:

-Os beneficiarios da axuda de material escolar xa que están automáticamente admitidos.

  • Ten que presentar a solicitude:

-Alumando non beneficiario da axuda de material e cumpra:

  • Renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros (exercicio 2018).
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Prazo de presentación: do 16 ao 27 de novembro no centro escolar.

Documentación a presentar:

-Anexo I e Anexo II debidamente cumplimentado que poden descargar AQUI ou se lles facilita no centro.

-Copia do libro de familia onde figure o alumno/a e os demáis membros computables ou documento equivalente.

En caso de separación ou divorcio tamén deberán aportar sentencia xudicial e/ ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

-Certificado do grado de discapacidade do alumno/a ou calquera membro da familia, de ser o caso.

-Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, de ser o caso.

 

Lexislación aplicable:

Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, secundaria obrigatoria e educación especial. 

 

 

INCIO CURSO 2020-2021

Informamos que o vindeiro 10 de setembro dará comezo o curso para o alumando de 4º e 5º de infantil, 1º, 2º e 3º de primaria. O día 11 virán 6º de infantil, 4º, 5º e 6º de primaria. De maneira que o día 11 estarán incorporados todos os cursos.

 

Aproveitase para informar que aquelas persoas que non puideron escoitar o comunicado de radio poden facelo aquí.

 

ADMITIDOS COMEDOR ESCOLAR 2020/2021

Comunícase que todo o alumnado que solicitou praza de comedor neste centro está admitido.

Distribuir contido