Curso 2017-18, Actividades Extraescolares, Outras actividades

ACTIVIDADES DE FIN DE CURSO

No final de curso quixemos celebralo con distintas actividades. Este ano con máis razón por estar de Aniversario.

O mércores, día 20, tivemos sesións de maxia co mago DANIEL; logo divertímonos con OVIDIO, nunha sesión de animación musical onde todos moveremos o esqueleto.

O xoves, día 21, asistimos á obra de teatro representada polo alumnado de 6º  "Lendas da noite de San Xoán". A continuación tivemos un tentempé especial nas aulas e rematamos cuns partidos de brilé.

Esperamos que todos e todas o pasáramos moi ben e que vaiamos felices para gozar do verán.

 

BOAS VACACIÓNS!!!!!!!

CINE PARA INFANTIL

O alumnado de Educación Infantil trasladouse a Lugo para asistir a unha sesión de cine no Centro Comercial "As Termas", para visionar a película "SHERLOCK GNOMES", o venres, día 15 de xuño, pola mañá.

Ruta Xacobea

O alumnado de 2º de Primaria, realizou andando, o tramo do Camiño de Santiago que vai dende Goiriz ata o colexio. Cando regresaron estaban moi contentos e sorprendidos de poder andar tantos kilómetros.

Visita a SOTAVENTO

O alumnado de Ed. Infantil, visitará o venres, día 8 de xuño o Parque Experimental Sotavento, situado en "A Serra Loba" no concello de Xermade.

Saída a SANTIAGO

O alumnado de 6º de Ed. Primaria, ten previsto unha saída a Santiago de Compostela,o día 8 de xuño,  para visitar o MUPEGA, a sede da Xunta de Galicia, o Parlamento  e o Museo do Pobo Galego.

SAÍDA Á MARIÑA LUCENSE

O alumnado de 3º realizou unha saída á Mariña Lucense, para visitar O Barco-Museo Boniteiro "Reina del Carmen" onde poderán coñecer os medios e métodos de pesca tradicionais empregados para a pesca do bonito e a forma de vida da tripulación cando estaban embarcados.

Tamén visitaron a fábrica de xeo, que suministra aos barcos de Burela e outros.

A continuación, trasladáronse a San Cibrao para visitar o Museo do Mar para ver a colección de obxectos relacionados co mar que nos mostran a súa riqueza biolóxica e etnográfica.

 Podedes ver algunha imaxe da visita pinchando aquí.

SEMANA DE CELEBRACIÓN DO 50º ANIVERSARIO DO COLEXIO

Estamos de celebración. Como xa vimos anunciando por distintos medios, o noso colexio está de aniversario, cumpre 50 anos e aínda que durante o curso fomos facendo algunha cousiña para conmemorar este evento, nesta semana entramos de cheo con distintas actividades:

     * Recreación dunha aula dos anos 60, onde o alumnado terá ocasión de ver e probar algún material que se utilizaba nesa época. Tamén terá ocasión de tirar unha foto como as de antano diante dun mapa.

     * Durante os días 21, 22, 23 e 24 sairán en antena de "Radio Principal de Vilalba, Cadena Ser" uns programas realizados polo alumnado do centro, onde se entrevistarán a persoas relacionadas co colexio en distintos momentos, se coñecerán noticias da época, contarannos os xogos, cantigas e sorteos de entonces e como non, relatarannos a historia do noso colexio.

    

     * Durante toda a semana, volveremos á escola de antes. Nunha sesión tratarase de propoñer actividades como as que se realizaban nos anos 60-70: caligrafía, cantar as táboas, proba do nove, ...

     * O venres, día 25, teremos unha mostra de xogos tradicionais, que nos presentará a asociación XOTRAMU.

     * Faremos unha exposición de fotos que quedará colocada nos corredores do colexio.

     * E para rematar, o sábado día 26, xuntarémonos para descubrir un monolito  e para un xantar que terá lugar no colexio, persoas que dalgún xeito tivemos que ver nestes 50 anos co colexio para recordar e compartir momentos entrañables. Estaremos acompañados polo grupo de gaitas "Mato Vizoso" que naceu e andou os primeiros pasos grazas a APA do Mato Vizoso, aló polo ano 1988.

CARREIRA POPULAR ESCOLAR DAS LETRAS GALEGAS

O alumnado de Ed. Primaria do noso centro participou o mércores, día 16 de maio, na Carreira Popular das Letras Galegas, organizada polo concello de Vilalba. Obtiveron varios premios.

PARABÉNS AOS GAÑADORES!

CORRELINGUA

O alumnado de 4º de Primaria, o mércores, día 9, trasladarase a Lugo para participar nas actividades de CORRELINGUA, proposta de carácter lúdico-educativo para fomentar a nosa lingua.

 

SAÍDA Á CORUÑA

O mércores, día 9 de maio, o alumnado de 5º, visitou as instalaccións de "La Voz de Galicia" en Arteixo, e logo trasladouse ao MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia y Tecnología) para coñecer e experimentar de cerca a ciencia.

Aproveitamos tamén para coñecer o Monte de San Pedro, onde puidemos aperciar as fermosas vistas da cidade de A Coruña.

Se queres podes ver aquí algunha imaxe.

 

Distribuir contido