Curso 2017-18, Actividades Extraescolares, Outras actividades

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

   Para celebrar o Día Internacional contra a  violencia de xénero, o noso centro únese á proposta do CEIP AQUILINO IGLESIAS ALVARIÑO de Abadín, de facer un mural co paxaro de twiter e mensaxes do alumnado sobre este tema. 

   Os nosos paxaros foron moitos e están expostos polas paredes do centro. Aquí deixamos unha mostra.

 

 

SAÍDA AO RAÑEGO

O venres, día 17 de novembro, o alumnado de 1º de Primaria, fixo unha saída a pé polo paseo do río ata chegar ao Rañego, onde tomaron o tentempé e voltaron. Observaron os cambios da natureza nesta época, reacolleron algún produto de outono, aproveitando para ter un día de convivencia con compañeiros e compañeiras da outra aula.

OBRADOIRO "CIRCUITO DO BANCO·"

O alumnado de 4º de E. Primaria, o venres, día 10 de novembro, trasladouse a Vegadeo para participar nun obradoiro onde lles ensinaron conceptos básicos sobre movementos dunha cartilla bancaria: abriron unha conta ficticia, sacaron cartos, foron de compras, ....

Este obradoiro organizouno o Centro de  Formación do Consumo de Vegadeo.

Recicla con Sogama

O noso cole está a participar nun programa de reciclaxe de Sogama que se enmarca dentro do plan Proxecta da Xunta para fomentar a recollida selectiva do lixo tanto nas aulas como no resto do colexio.

Podedes seguirnos no seguinte Blog: Redutiliciclar.

MAGOSTO e SAMAÍN

O martes, día 31 de outubro, celebramos o MAGOSTO no cole. Houbo xogos para pasalo ben e por suposto comimos castañas asadas que prepararon as profes.

Tamén viñeron dúas pantasmas que aproveitaron para entregar os premios ao alumnado gañador do II Certame de Samaín.

PASEO DE OUTONO

O día 27 de outubro, o alumnado de Educación Infantil, realizou unha saída polo paseo dos Condes para observar os cambios que se producen na natureza nesta época do ano e recoller algún produto característico.

DÍA DA BIBLIOTECA

O día 24 de outubro conmemoramos no noso centro o DÍA DA BIBLIOTECA, no que o alumnado de todo o centro participou en diferentes sesións de contacontos. Clica na imaxe para ver máis fotografías.dia da biblioteca

ECOPATRULLA

Como ben lembrades, o curso pasado funcionaron no centro as "ecopatrullas", que axudaron ao alumnado a concienciarse sobre a importancia do coidado medio ambiental e velaron polo coidado das instalacións do noso centro, e que neste curso recibiron o agradecemento da comunidade escolar e un pequeno agasallo. Durante o curso actual seguirán coa súa importante labor.

                                                                 

Visita á EXPOSICIÓN SOBRE CONSUMO SAUDABLE

O alumnado de 2º de Educación Primaria, visitou unha exposición itinerante para promover hábitos de consumo saudable, situada na praza da Constitución e promovida por GADIS.

Distribuir contido