BENVIDOS E BENVIDAS AO NOSO CENTRO
TABOLEIRO DE SECRETARÍA |
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2022-2023 No DOG DO 18 de maio de 2022, publícase a Orde do 29 de abril de 2022 (EXTRACTO) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023. NORMAS XERAIS
- De xeito manual, recollendo o modelo na secretaría do centro ou descargandoos aquí. ANEXOS I e ANEXO II. - Na Aplicación Fondolibros. Unha vez cuberta e co número de solicitude asignado, poden imprimila e entregala no centro. Tamén se pode presentar a través Sede Electrónica da Xunta de Galicia. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
PRAZOS
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023 AVISO Rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso escolar 22-23 neste centro presentáronse: -19 solicitudes para 4º de Educación Infantil, habendo 25 prazas vacantes. -21 solicitudes para 1º de Educación primaria, habendo 26 prazas vacantes. -2 solicitudes para 3º de primaria, habendo 3 prazas vacantes.
Dado en ningún curso se superou o número de vacantes, todas as solicitudes quedan admitidas. Seguiremos publicando as novidades na páxina web do centro e no taboleiro de anuncios do centro. Lembrámoslles que o prazo de formalización de matrícula abrangue do 20 ao 30 de xuño.
SOLICITUDE DE ADMISION CURSO 2022-2023 PRAZO DE SOLICITUDE: DO 1 AO 21 DE MARZO DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR - Solicitude de admisión debidamende cumprimentada e asinada (modeloED550B) que facilita o centro ou a través da aplicación admisionalumnado. -Fotocopias do libro de famila: -folla de inscrición do neno/a. -folla de inscrición do matrimonio ou titulares. -folla de inscrición de irmáns matriculados no do centro ( de ser o caso). -Fotocopia do DNI do alumno/a ( de telo), pai e da nai ou titores legais. -Informe médico. -Fotocopia da cartilla de vacinacións. -Fotocopia da tarxeta do seguro médico. -Certificado de convivencia expedido polo Concello que acredite o domicilio de todos os membros da unidade familiar. -Dúas fotos tamaño carné (co nome por detrás). INFORMACIÓN IMPORTANTE -Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitue no centro que solicite en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que podan corresponderlle. -A solicitude terá que estar preferiblemente asinada polos dous titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenito‑ ras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo. -O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe. NECESIDADE DE BAREMACIÓN No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares, abrirase un prazo de 10 dias hábiles, contados a partir dos dous dias seguintes ao remate do prazo para presentar a documentacón xustificativa dos criterios de baremación alegados.
Proceso de admisión regulado na Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017 e a Orde do 18 de decembro de 2020.
|
CARREIRA DAS LETRAS GALEGAS
O PASADO VENRES DÍA 20 DE MAIO, OS NENOS E NENAS DO MATO VIZOSO, FOMOS AO ESTADIO DA MAGDALENA PARA PARTICIPAR NA CARREIRA DAS LETRAS GALEGAS XUNTO COS NENOS E NENAS DOS OUTROS COLES DO CONCELLO. ADEMAIS VIMOS A ACTUACIÓN DE UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA!!!
QUE BEN O PASAMOS! (Pinchade na foto e poderedes vernos)
LETRAS GALEGAS
O IDIOMA É A FALA
QUE NOS XUNGUE E SOSTÉN
¡SE PERDEMOS A FALA
NON SEREMOS NINGUÉN!
Para celebrar o día da nosa lingua e recordar este ano a FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, os nenos/as do Mato Vizoso fixemos unha festa na que aprendemos cantigas e bailes populares acompañados de Montse Rivera e Mercedes co espectáculo ARMADANZAS. Así seguimos mantendo viva a nosa fala e a nosa cultura.
Pinchade na foto e veredes que ben o pasamos
DÍA DE ROSALÍA
Rosalía de Castro naceu un 23 de febreiro hai 185 anos.Coincidindo con esta efeméride, no noso colexio homenaxeamos á escritora galega máis universal...."SEMPRE ROSALÍA". Pinchade na foto e no link para ver os nosos traballos.
https://drive.google.com/file/d/1UnOn5asWfVknkCIwEQvokerzb9MyGkwp/view?usp=sharing
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
