VISITA DO ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA A EXPONAV

O pasado venres os nenos e nenas de 2º de primaria visitaron Exponav en Ferrol e  RECIBIUINOS UN PIRATA!!!!!!!!!!

Queredes velo? Pinchade na foto.


8 DE MARZO "DÍA DA MULLER TRABALLADORA"

Dende aquí a nosa homenaxe a tódalas mulleres loitadoras que traballan en busca da igualdade.

Traballo dos máis pequenos.

 

 

Traballo dos maiores.

 

ENTROIDO NO MATO VIZOSO

Un ano máis non celebramos o ENTROIDO como nos gustaría. O MECO non puido asistir ao centro por estar confinado, pero nós seguimos ao pé da letra os seus mandatos. 

O martes para empezar,

un sombreiro na cabeza levarás.

.........

 

E o venres veña festa!

Pinchade na foto e disfrutade da festa.

 

DÍA DE ROSALÍA

Rosalía de Castro naceu un 23 de febreiro hai 185 anos.Coincidindo con esta efeméride, no noso colexio homenaxeamos á escritora galega máis universal...."SEMPRE ROSALÍA". Pinchade na foto e no link para ver os nosos traballos.

 

 

 

https://drive.google.com/file/d/1UnOn5asWfVknkCIwEQvokerzb9MyGkwp/view?usp=sharing

DÍA DA PAZ

En colaboración con outros centros do concello, durante a última semana de xaneiro o noso alumnado elaborou papaventos para celebrar o día da PAZ. Éstes son os resultados.Pincha no enlace.

CELEBRAMOS O NADAL

O día 21 de decembro celebramos o NADAL e. como xa levabamos semanas preparándonos, fixémolo por todo o alto.

Cantamos e bailamos con CE ORQUESTRA PANTASMA, tivemos un CONTACONTOS  e recibimos a visita de PAPÁ NOEL E O APALPADOR. 

Pinchade na foto para ver o ben que o pasamos. 

 

COMEZA O NADAL

Durante estas semanas do mes de decembro, os nenos e nenas do cole, estivemos traballando arreo, porque logo comeza o NADAL, así que, preparamos adornos para as árbores do concello, e as árbores do cole, 

fixemos postais para facer unha exposición no centro e grazas á ANPA tivemos a visita da FILLA DO APALPADOR e isto é soamente o inicio!

Se queredes ver todo o que fixemos pinchade na foto. 

DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

Un ano máis os nenos/as do Ceip Mato Vizoso solidarizámonos con todas as víctimas da violencia de xénero e, no cole realizamos diversas actividades para amosar a nosa preocupación con este tema. 

Para poder algunhas das actividades realizadas pinchade na foto.

DÍA DA DISCAPACIDADE

Hoxe, 3 de decembro, celébrase o DÍA DA DISCAPACIDADE. Os nenos/as do Mato Vizoso sabemos que entre todos podemos promover os dereitos e os deberes das persoas con discapacidade, pero o máis importante é que sabemos que:

XUNTOS SUMAMOS: ABRAZOS, BICOS, AGARIMOS, AXUDAS, PICTOS... E ASÍ, CONVIVIMOS E  CONSTRUÍMOS CAMIÑOS NUN ESPAZO DE LECER E APRENDER. 

Para poder ver o video no que participamos todos os coles do concello pinchade na imaxe.

Concurso GDR TERRA CHÁ

En colaboración co Grupo de desenvolvemento rural GDR TERRA CHÁ, algúns alumnos/as de 3º e 4º do noso centro participaron na actividade que nos propoñían para dar visibilidade ao gran problema da VIOLENCIA DE XÉNERO. 

Tivemos unha gañadora e un montón de traballos onde os nenos/as demostran que non están dacordo coa violencia de xénero.

Se os queredes ver pinchade na foto. 

 

 

Distribuir contido