Pictoguía

Benvidos e benvidas a nosa pictoguía de apoio á cidadanía.

Este proxecto nace coa ilusión de informar aos habitantes da vila dos principais grupos municipais, servizos e asociacións; e na que participaron todo o alumnado do centro.

Queremos agradecer a todas as persoas dos grupos municipais pola súa colaboración á hora de asistir ao centro para impartir charlas sobre os seus oficios.

Deixámosvos a nosa pictoguía en PDF para a súa descarga, e en formato de libro electrónico para visualizalo online.

 

Agardamos que vos sexa útil.

Se queredes ver o vídeo das charlas, pinchade aquí

 Se queredes visualizar a pictoguía en PDF pinchade na foto.

 

 

LETRAS GALEGAS 2021

Durante a xornada do pasado venres disfrutamos dunha xornada especial no noso cole. CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS! Adicado este ano a Xela Arias.

Fixemos cartaces, aprendemos cousas sobre a súa vida e a súa obra e ademais bailamos arreo con CE ORQUESTRA PANTASMA!

Se queredes ver unha pequena mostra, do noso traballo e do ben que o pasamos, pinchade na foto.

As normas de convivencia

No noso centro sabemos que é moi importante traballar as normas de convivencia, os valores e a igualdade;  porque debemos ser adultos responsables e defendernos con autonomía no mundo no  que nos teremos que desenvolver; para recordalas colocámolas nas escaleiras e quedaron así de ben. 

Si queredes velas premede na foto. 

Seguimos traballando con Rosalía

Nosoutros pensamos que poderíamos facer algo máis sobre o día de Rosalía, asi que axudados pola mestra de música montamos, entre todos, esta homenaxe. 

Así de ben nos quedou. Para ver o video pinchade aquí.

DÍA DE ROSALÍA

A SEMANA PASADA, NO NOSO CENTRO, CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA. ADEMAIS DE FACER LECTURA DALGÚNS DOS SEUS POEMAS ARGALLAMOS ENTRE TODOS ESTE MURAL. MIRADE QUE BEN NOS QUEDOU!

SI QUEREDES VELO MÁIS POLO MIÚDO PINCHADE NA FOTO.

ENTROIDO 2021

Este ano,  aínda que estamos en tempos difíciles, no noso colexio non desaproveitamos a ocasión para celebrar o ENTROIDO e, seguindo as ordes do Meco, disfrazámonos.

Meco: O venres sen máis nada,

         acabouse o que se daba.

         Ao cole virás e,

         do que queiras te disfrazarás.

Se queres ver as fotos pincha aquí.

DÍA DA PAZ

Esta situación de pandemia non nos deixa celebrar este día como nos gustaría, mais aínda así, podedes ver o que fixemos para celebrar o día da Paz no noso centro.

 

https://drive.google.com/file/d/1TxcYC7reYaJ4d_hW4RQmWrMmtZDU20-u/view?usp=sharing

FESTIVAL DE NADAL

Malia estar nunhas condicións especiais no noso cole non quixemos comezar as vacacións sin celebrar un festival virtual.

Podedes ver aquí que ben cantamos. 

BO NADAL A TODOS. 

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de novembro, celebrouse o día internacional contra a violencia de xénero. No centro fixemos distintas actividades para reflexionar sobre este tema como contos, debates, películas, murais... 

Se queres ver o vídeo dos nenos/as de 3º B pincha aquí.

Se queres ver o vídeo dos nenos/as de 3ª A pincha aquí.

Para ver o traballo dos nenos/as de 1º A podes facelo dende aquí

Magosto

Este ano, aínda que de maneira diferente, tamén celebramos o Magosto no colexio. Pasámolo moi ben cos xogos que nos prepararon os profes de Educación Física, aínda que non puidemos xuntarnos cos compañeiros doutras clases, e comendo as castañas, que estaban ben ricas. Podédelo comprobar mirando estas fotos. E bailando..... fixemos un baile moi divertido que preparamos co profesor de Música. Mirade que ben bailaron os nenos/as de infantil. Video.

Os nenos/as de primaria fixérono así de ben. Mirade

 

Distribuir contido