CHEGOU O ENTROIDO

Durante esta semana estade pendentes dos mandatos que non trae o Meco.

XOVES: O xoves no cole disfrutarás, con moitas cores virás.

e, do resto dos días non te esquecerás.

30 DE XANEIRO. DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ.

O pasado 30 de xaneiro, celebramos no centro o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Fixemos "Pombas da Paz", xogos cooperativos e cantamos todos xuntos.

Se queredes ver o vídeo da canción, premede na foto e se queredes ver todas as fotos, no enlace de abaixo.

Link á galería

NADAL NO MATO VIZOSO

Pequena montaxe que amosa as celebracións do Nadal, que vivimos nestes días no cole.

Agardamos que vos gusten e FELICES FESTAS para todos e todas!

Preme na foto, para ver:

 

 

 

LINK para ver a galería de imaxes: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmatovizoso/galeria/displayimage.php?album=275&pid=5291#top_display_media

OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA

Xa sabedes que un venres ao mes, os escritores do Mato achegámonos á biblioteca na hora do recreo para poder ler as nosas creacións.

Si queredes coñecer que lle pasou á fada Atenea cando lle cortaron a árbore na que estaba a súa casa; cales foron as aventuras de Enrique e os seus amigos cando decidiron ir visitar unha cova encantada, ou como continúa a historia de Papá Noel, estade atentos á vindeira convocatoria.

Estas historia foron algunhas das que poidemos escoitar o pasado venres. 

Queredes ver as fotos? Pois pinchade aquí.

VISITA AO AUDITORIO MUNICIPAL CARMEN ESTÉVEZ

O alumnado de 2º, 3º e 4º de primaria, visitou hoxe o Auditorio Municipal Carmen Estévez. 

Preme na imaxe para poder ver máis:

VISITA AO MUSEO ETNOGRÁFICO MONTE CAXADO

O alumnado de 5º e 6º vén de visitar nestes días o Museo Etnográfico Monte Caxado, das Pontes.

Preme na imaxe para ver máis.

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

Nestes últimos días, o alumnado do CEIP Manuel Mato Vizoso, visitou as instalacións da Biblioteca Municipal.

Premede máis abaixo para poder ver algunhas imaxes.

25 Novembro: Día internacional da eliminación da violencia contra mulleres e nenas.

O alumnado de 6º, en representación de todo o CEIP Manuel Mato Vizoso, maniféstase a favor da eliminación da violencia contra mulleres e nenas. 

Preme, para poder ver máis:

TALLER DE IGUALDADE

O alumnado de 2º de Educación Primaria, recibiu un taller no que aprenderon e reflexionaron acerca dun tema tan importante como é a Igualdade.

Para ver unha mostra, premede na foto.

E TI, DE QUEN VÉS SENDO?

Neste mes de novembro o alumnado do CEIP Manuel Mato Vizoso, estivo analizando as súas orixes neste traballo titulado " E ti, de quen vés sendo?

Se queredes ver o bonitos que lles quedaron os seus traballos, animádevos a visitar o blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Pinchade na foto:

 

Distribuir contido