DÍA DA DISCAPACIDADE

Hoxe, 3 de decembro, celébrase o DÍA DA DISCAPACIDADE. Os nenos/as do Mato Vizoso sabemos que entre todos podemos promover os dereitos e os deberes das persoas con discapacidade, pero o máis importante é que sabemos que:

XUNTOS SUMAMOS: ABRAZOS, BICOS, AGARIMOS, AXUDAS, PICTOS... E ASÍ, CONVIVIMOS E  CONSTRUÍMOS CAMIÑOS NUN ESPAZO DE LECER E APRENDER. 

Para poder ver o video no que participamos todos os coles do concello pinchade na imaxe.

Concurso GDR TERRA CHÁ

En colaboración co Grupo de desenvolvemento rural GDR TERRA CHÁ, algúns alumnos/as de 3º e 4º do noso centro participaron na actividade que nos propoñían para dar visibilidade ao gran problema da VIOLENCIA DE XÉNERO. 

Tivemos unha gañadora e un montón de traballos onde os nenos/as demostran que non están dacordo coa violencia de xénero.

Se os queredes ver pinchade na foto. 

 

 

COIDO OS DENTIÑOS

Durante a semana pasada a profe Marta ensinounos como podemos coidar ben os nosos dentiños.

De seguro que agora estarán ben coidados cando veña o ratiño Pérez.

Se queredes ver algo do que aprendemos pinchade na foto.

MAGOSTO

Aquí chega o MAGOSTO

que viva a festa rachada,

vídevos todos connosco

a facer a castañada.

O luns 8 de novembro celebramos o MAGOSTO, se queres botar un ollo pincha na imaxe.

FESTEXAMOS O SAMAÍN

O pasado venres 29 de outubro  esqueletos, zombis, momias, bruxas... achegáronse ata o noso cole, para facernos disfrutar dunha xornada diferente. 

Si picades na foto, poderedes ver o que ben que o pasamos. 

SAMAÍN NO MATO VIZOSO

Como sabedes achégase o SAMAÍN e, durante esta semana, estivemos preparando diferentes actividades das que daremos boa conta cunha reportaxe gráfica nos vindeiros días. ESTADE ATENTOS!

Para irnos preparando para a xornada de mañá, deixamosvos este xogo co que de seguro o pasaredes xenial. 

FIN DE CURSO

O día 22, coma non podía ser doutro xeito, celebramos por todo o alto o remate curso. Tivemos a actuación de Pesdelán e a compañía Xarope Tulú, co espectáculo Estrafalaria. Se queredes ver o ben que o fixemos pinchade aquí

ENTREVISTAS NA RADIO

Con motivo da realización da pictoguía algúns dos alumnos/as do noso centro foron entrevistados na radio. 

Podedes escoitar nos seguintes enlaces as entrevistas que mantiveron. 

SER 

COPE

RADIO VOZ

VISITA AO INSTITUTO

Durante esta semana o alumnado de sexto de primaria fixemos unha visita ao instituto para coñecer o centro no que estudaremos os vindeiros cursos académicos. 

Ïamos nerviosos, pero pasámolo xenial e ENCANTOUNOS A BIBLIOTECA

Si vós tamén queredes saber como é o IES BASANTA SILVA pinchade aquí, para ver un video de presentación feito polo seu alumnado.

Distribuir contido