BENVIDOS E BENVIDAS AO NOSO CENTRO

TABOLEIRO DE SECRETARÍA

  

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2024-25

 

AVISO IMPORTANTE 

Todas as solicitudes de admisión que se presentaron para 4º de Educación Infantil están

admitidas.

 

No caso das solicitudes para 1º de primaria, dada a insuficiencia de postos escolares dispoñibles

para atender todas as solicitudes de admisión presentadas para o curso 2024/2025 e de

conformidade co disposto no artigo 30.2 da Orde de 21 de outubro de 2022, ábrese un prazo de

10 días hábiles para a presentación, de forma presencial, da documentación xustificativa dos

criterios de baremo alegados para realizar a valoración e establecer a orde de prelación das

solicitudes que se relacionan.

 O prazo será do 21 de marzo ao 11 de abril , ambos inclusive.

 

Para calquera dúbida podedes chamar á secretaría do centro :982870890

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO 

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será do 1 ao 20 de marzo.

Documentación necesaria:

-Solicitude admisión (Modelo ED550B) debidamente cuberto e asinado. Pódese presentar a través da aplicación admisión alumnado, sede electrónica ou presencialmente no centro.

-Fotocopias do libro de familia.

-Fotocopia do DNI do pai e nai , ou titores legais e do alumno/a ( de telo).

-Fotocopia da tarxeta sanitaria.

-Informe médico.

-Certificado de convivencia/empadroamento expedido polo Concello e que acredite o domicilio de todos os membros da unidade familiar.

-Dúas fotografías tamaño carné.

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN

-Praso de solicitude: do 1 ao 20 de marzo

-Publicación de listaxes provisionais de admitidos: 25 de abril

-Publicación listaxes definitivas de admitidos : 15 de maio

-Formalización de matricula: do 20 ao 30 de xuño

NORMATIVA QUE REGULA O PROCESO

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que e regula a admisión de alumnado e a Orde do 21 de outubro de 2022.

 

 VACANTES QUE OFERTA O CENTRO

INFANTIL

PRIMARIA

4º INFANTIL: 20

5º INFANTIL:1

6º INFANTIL: 0

1º PRIMARIA:   18    

2º PRIMARIA:  0

3º PRIMARIA:   2

4º PRIMARIA:   0

5º PRIMARIA:   6

6º PRIMARIA:    4

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Aquelas familias que  o desexen poden visitar o noso centro o vindeiro 28 de febreiro ás 16:00 h. 

 

RESERVA PRAZA CURSO 2024-2025

As familias que queiran que o seu fillo ou filla estude 1º de Educación Secundaria Obrigatoria no IES Santiago Basanta Silva, centro de adscrición do CEIP Manuel Mato Vizoso deberán entregar a solicitude de reserva de praza (anexo I) do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.

Formas de presentación de solicitudes:

 

  1. Na aplicación admisionalumnado. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.

  2. Na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  3. Na secretaría do CEIP Manuel Mato Vizoso.

 

 

 

BECAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO 24/25

 
Dende o 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024 está aberto o prazo para solicitar as becas para alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo (para máis información premer aquí), as solicitudes deberánse cubrir mediante o formulario accesible na sede electrónica, que posteriormente se deberá de imprimir e presentalo coa firma de todos os membros da unidade familiar. 

 

Recordar que estas bolsas están dirixidas ao vindeiro curso 2024/25, polo que o alumnado que vaia continuar os seus estudos noutro centro deberá de presentar a documentación anteriormente citada nese mesmo centro (é dicir, para alumnado de 6º de Educación Primaria que promocione á ESO, deberán de presentar a documentación no IES correspondente ou análogo).

 

Para máis detalles consultar infografía aquí.

 

 

 

 
 

CARREIRA DAS LETRAS GALEGAS 2024

Como cada ano, onte 10 de maio, o CEIP Manuel Mato Vizoso participou na Carreira das Letras Galegas, organizada polo Concello de Vilalba, xunto aos demais centros da vila, e aínda que acabamos esgotados de tanto correr, pasámolo en grande.

Premede na imaxe de abaixo para ver as fotos:

 

CONTACONTOS "A SUPERAVOA"

Hoxe contamos no cole cun Contacontos para Educación Infantil, primeiro e segundo de Primaria. A sesión, correu a cargo da Editorial Xerais, que nos agasallou co conto "A Superavoa" de David Rodríguez. Un conto cheo de tenrura e humor, que nos fala da importancia das avoas, que se converten en verdadeiras superheroínas, axudando na crianza dos seus netos e netas e, é que se non fose por elas, o mundo viríase abaixo.

Premede na imaxe para ver as fotos e ... que Vivan as avoas!

 

DÍA DO LIBRO. 23 DE ABRIL DE 2024

Onte, 23 de abril, celebramos no centro o Día do Libro, volveron os "Apadriñamentos lectores", onde os máis maiores agasallaron aos máis pequenos cunha boa lectura. A cambio os nenos e nenas máis pequenos, entregáronlles aos seus padriños e madriñas, un pequeno agasallo en forma de marcapáxinas. Que ben o pasamos!

Premede na imaxe para ver as fotos:

 

SAÍDA Á CASA GRANDE DE XANCEDA. 5º DE E.PRIMARIA

Na xornada do 16 de abril, os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria, visitaron a Casa Grande de Xanceda. Unha granxa ecolóxica de 300 vacas en ordeño que produce 40.000 iogures ecolóxicos diarios. Que bos están!

Ademais, coñeceron as súas instalacións, tanto as da granxa como as da fábrica e, para repoñer forzas, achegáronse á área recreativa da Braña de Valga, tamén no concello de Mesía.

Queredes ver o que fixeron? Premede na imaxe para ver as fotos tan chulas que sacaron.

 

EXCURSIÓN A FERROL. 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Onte, 21 de marzo, os nenos e nenas de quinto remataron o segundo trimestre visitando dous lugares emblemáticos da cidade de Ferrol. O Castelo de San Felipe (onde foron recibidos pola augadora e o soldado Piñeiro, afincados no Castelo desde o século XIX) e o museo de construcción naval, onde puideron comprobar os diferentes tipos de barcos e aprender sobre a construcción dos mesmos na nosa comunidade. Sabíades que para construír un barco de madeira se precisan de 1500 a 2000 árbores?

Premede na imaxe para ver o ben que o pasaron:

VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA. 6º DE E. PRIMARIA

O alumnado de sexto de primaria visitou, o pasado martes, 12 de marzo, o Parlamento de Galicia, no que puideron coñecer de primeira man unha das nosas institucións.

Premede na imaxe para poder ver as fotos.

 

8M. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

Hoxe conmemoramos o 8M, Día Interancional da Muller, para elo desde o centro fixemos este mural sobre as "Mulleres no Deporte". Cada clase investigou sobre a vida e logros de quince mulleres relevantes en diversas disciplinas deportivas.

Aquí abaixo podedes ver o resultado:

 

 

 

Obradoiros de igualdade

Durante este trimestre o noso alumnado de 6º de Educación Infantil e os nenos/as de 5º de Educación Primaria estiveron a realizar obradoiros sobre a igualdade de homes e mulleres, para esta tarefa contamos coa axuda imprescindible de Mara (axente de igualdade do Concello de Vilalba), coa que fixeron un mónton de actividades, velaquí unha mostra.

 

Ademais, para conmemorar o Día da Muller, que se celebrará este venres, os máis maiores fixeron un traballo de investigación entre as mulleres que eles consideran referentes na súa vida cotiá que se plasma neste pequeno libro, botadaslle unha ollada?

 

Distribuir contido