Curso 2017-18, Actividades Extraescolares, Outras actividades

A ECOPATRULLA VISITA SOGAMA

O alumnado de 4º de Primaria, que participa na "ECOPATRULLA" do cole;  vixiando que o lixo que se produce no cole, acabe no colector correspondente para reciclalo; visitou o luns, día 7 a planta de SOGAMA. Alí tiveron ocasión de aprender e ver o proceso do lixo.

Podedes visitar o blog http://redutiliciclar.blogspot.com.es para ver máis cousiñas.

VISITA Á GRANXA ECOLÓXICA DE XANCEDA

O alumnado de 6º, foi invitado por AGACA, para visitar a CASA GRANDE DE XANCEDA, onde tiveron oportunidade de coñecer e participar nas tarefas de mantemento e coidado dos animais. Esta visita realizouse o luns, día 9 de abril.

VISITA Á CORREOS

O alumnado de 1º visitou en días pasados as instalacións de correos da nosa vila, onde cada neno puido enviar unha carta ao enderezo elexido; así como ver o traballo que alí se fai.

VISITA AO CASTRO DE VILADONGA

O alumnado de 4º de Ed. Primaria, visitou o venres, día 23 de marzo, o castro de Viladonga, sito en Castro de Rei, co fin de coñecer os restos arqueolóxicos dun asentamento castrexo.

SAÍDA A LUGO

O xoves, día 15 de marzo, o alumnado de 6º de Ed. Primaria, visitou en Lugo o Museo  "O Vello Cárcere", onde aprenderon cousas sobre a historia de España. A continuación, foron facer un pequeno percorrido pola Muralla de Lugo.

VISITA AO CONCELLO

O alumnado de 5º desprazouse o venres, día 9 de marzo, ata o concello para visitar as súas salas e coñecer algunhas das actividades que se realizan nelas. Tamén estiveron nas dependencias da Policía Local e Protección Civil, onde coñeceron as función destes organismos.

ÓPERA "AIDA" de VERDI

O mércores, día 7,  o alumnado de 1º, 2º e 3º asistiu no auditorio "Carmen Estévez" de Vilalba a presentación didáctica da ópera "Aida" de Giuseppe Verdi, evento organizado polo concello.

SAÍDA A FERROL

O alumnado de 5º de Ed. Primaria, realizou unha saída a Ferrol, o día 1 de marzo, para visitar a "EXPONAV", adicado á historia da construcción naval do mundo; e o "Museo Naval" , onde viron distintos obxectos relacionados coa historia da navegación.

Se queres ver algunha imaxe preme aquí.

 

Mascota DESINGUINFINGARFA

O alumnado de 4º B, na clase de VSC, fixeron a súa propia mascota coa que traballan a diario. Ésta chámase DESINGUINFINGARFA. Podes ver aquí algunha imaxe da mesma.

DÍA DE ROSALÍA

 Co gallo da celebración do día de Rosalía no noso centro achegámonos á súa obra e realizamos varias actividades (carteis, debuxos, música, flores artesanais, lectura de poemas, ...)

O alumnado de 1º B do cole elaborou un bonito video cos seus traballos sobre Rosalía que podedes disfrutar pinchando sobre el.

Tamén quixemos participar no proxecto #AbrideAFiestra, expoñendo nas nosas ventás imaxes de Rosalía. 

 

Distribuir contido