O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

O CEIP Mato Vizoso foi seleccionado para participar durante este curso na campaña "O sabor da aventura está no mar" que leva a cabo a Consellaría do Medio Rural e do Mar, en colaboración coa Consellaría de Cultura, Educación e O.U., e a Consellaría de Sanidade.

Este programa trata de conxugar aspectos formativos e prácticos co obxectivo de incrementar o consumo de peixe fresco entre a poboación infantil.

O programa contempla dúas liñas de acción. Por un lado, a posta en marcha dunha aula itinerante que levará a cabo un obradoiro no colexio; e por outro, a achega ao comedor escolar do centro, durante os meses de marzo e abril, dunha serie de prudutos pesqueiros para a elaboración de pratos que sexan do agrado dos escolares.