Curso 2014-15, Actividades extraescolares, Outras actividades

O CONTACONTOS IAGO

O contacontos Iago estivo co alumnado de 1º e 2º de primaria, o luns, día 2 de marzo, no noso Centro, presentando o conto "Augusta e os seus medos" de Sabela Fernández Trelles. Esta obra está editada por Xerais, quen patrocina esta actividade.

PLAN DIRECTOR

O alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nunhas charlas para a convivencia e mellora da seguridade nos Centros Educativos e nas súas contornas, impartidas pola Garda Civil.

O luns, día 9, tratou sobre o "Acoso escolar" e o venres sobre " Novas tecnoloxías". (fotos)

 

ENTROIDO

Chegou o Entroido e con el as bromas e os disfraces.   

O luns chegou ao noso Centro para darnos ideas e ir ambientando a festa que celebramos o venres, día 13, facendo unha "Xuntanza de oficios". Nesta festa axustizamos ao Entroido lendo as coplas que na súa defensa ou condena fixo o alumnado para salvalo ou queimalo.

As consignas que nos deu A Entroida foron:

      O martes unha garavata para estar moi guapa.

      O mércores algo na cabeza para non ter rareza.

      O xoves para completalo o rostro pintado.

      E o venres,......... FESTA RACHADA!!!!!!!!!!!!!!!!

 

DÍA ESCOLAR DA PAZ

O día 30, venres, celebramos no noso centro o DÍA ESCOLAR DA PAZ, con distintas actividades : cantamos a canción "Cantarela dos nenos", poema de Xosé Neira Vilas musicado por Xosé Lueiro  no patio, fixemos unha pequena pancarta individual e compartida cos outros Centros da vila, ademais de outros proxectos referidos á PAZ que se levan a cabo nas titorías.

CINE NA ESCOLA

O venres, día 19 de decembro, e para celebrar o Nadal proxectáronse varias películas en sesións simultáneas en varias dependencias do cole: 

Sala 1: O NADAL MÁXICO DE MICKEY, para Educación Infantil. Hora 10:00

Sala 1:MICKEY: O MELLOR NADAL, para 1º de primaria. Hora:11:15 

Sala 2:FROZEN, para 3º de primaria. Hora: 10: 00

Sala 3:FROZEN, para 2º de primaria. Hora:10:00

Sala 4:A ORIXE DOS GARDIÁNS para 4º de primaria. Hora 10: 00.

Sala 2: A ORIXE DOS GARDIÁNS, para 5º e 6º de primaria. Hora 12:45

Ademais disto realizáronse distintas actividades propias destas datas (murais, adornos, contos, poemas, panxoliñas, ...)

CONTACONTOS

O mércores, día 17 de decembro, tivemos a actuación para todo o alumnado do contacontos ANXO MOURE que acudiu caracterizado da figura do Apalpador. (fotos)

CONTACONTOS

O mércores, día 17 de decembro, teremos a actuación para todo o alumnado do contacontos ANXO MOURE que representará a figura do Apalpador.

CONTACONTOS MUSICAL

O xoves, día 11 de decembro, o alumnado de Educación Infantil asistíu a unha sesión de contacontos musical a cargo de SUSA HERRERA, profesora, escritora de contos infantís e colaboradora do grupo Mama Cabra.

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado de todo o Centro fixo actividades diversas (reflexións, murais, pulseiras, etc.) para conmemorar o día 25 de novembro, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

CONTACONTOS EN INFANTIL

O luns, día 24, o alumnado de Educación Infantil participou con un contacontos nunha actividade que incluia aspectos referidos ao "Día internacional contra a violencia de xénero".

Distribuir contido