DÍA ESCOLAR DA PAZ

O día 30, venres, celebramos no noso centro o DÍA ESCOLAR DA PAZ, con distintas actividades : cantamos a canción "Cantarela dos nenos", poema de Xosé Neira Vilas musicado por Xosé Lueiro  no patio, fixemos unha pequena pancarta individual e compartida cos outros Centros da vila, ademais de outros proxectos referidos á PAZ que se levan a cabo nas titorías.