ENTROIDO

Chegou o Entroido e con el as bromas e os disfraces.   

O luns chegou ao noso Centro para darnos ideas e ir ambientando a festa que celebramos o venres, día 13, facendo unha "Xuntanza de oficios". Nesta festa axustizamos ao Entroido lendo as coplas que na súa defensa ou condena fixo o alumnado para salvalo ou queimalo.

As consignas que nos deu A Entroida foron:

      O martes unha garavata para estar moi guapa.

      O mércores algo na cabeza para non ter rareza.

      O xoves para completalo o rostro pintado.

      E o venres,......... FESTA RACHADA!!!!!!!!!!!!!!!!