Curso 2016-17, Actividades extraescolares, Outras actividades

ENTROIDO

                        Adeus meu meco!                                                 

                                 Choramos de loito.

                                        Ata o ano que vén

                                               non faremos outro.

                                 

                                         FOTOS DE ENTROIDO

 

 

Visita do alumnado de quinto á imprenta Junor

Os alumnos de quinto curso realizaron unha visita ás instalacións da imprenta Junor sita no polígono industrial de Vilalba o pasado día 15 de febreiro. Da man dos seus traballadores puideron descubrir o funcionamento da imprenta e distintas técnicas de impresión. O noso agradecemento pola acollida que tivemos aos propietarios e traballadores da imprenta Junor.

Aquí podes ver algunha imaxe da visita.

Exposición Instrumentos musicais curso 2016/2017

 

Exposición temporal de instrumentos musicais elaborados por alumnado de 6º de   primaria do centro durante o curso 2016/2017.

 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

 O día 30 de xaneiro, celebramos o día escolar da Non Violencia e da Paz.

 Nas clases reflexionamos sobre este tema e realizamos diversas     actividades que quedaron expostas polo centro. Rematamos cantando e bailando no patio do cole a canción do Baile da Paz de Mamá Cabra.

   FOTOS

 

PREMIADOS NO CERTAME DE POESIA DA BIBLIOTECA MUNICIPAL

No  Certame de Poesía Infantil “Nadal 2016” convocado pola Biblioteca Municipal resultaron premiados varios alumnos e alumnas do noso centro.

                                                     Parabéns aos gañadores!!!

Noraboa tamén a todos os que participaron coas súas bonitas poesías aínda que non obtiveran premio.

 

ACTIVIDADES DE NADAL

 

     Con motivo da chegada do Nadal, o alumnado realizou distintas actividades plásticas, musicais... para    ambientar o Centro nestas datas. Recibimos a visita de Papá Noel e o Apalpador.

           Temos fotos

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado de 6º de Primaria realizou un debate sobre a igualdade entre homes e mulleres, para reflexionar sobre este tema, con motivo da celebración do día internacional contra a violencia de xénero.

O resto do alumnado realizou actividades diversas nas súas clases, adaptadas ao seu nivel.

MAGOSTO

O martes, día 15 de novembro celebramos o magosto no cole. Todos participamos nos xogos organizados polo profesorado de E. Física. Despois fixemos unha fogueira pequeniña para asar as castañas e logo comelas.

Fotos

PASEO OUTONAL

O alumnado de 2º de Primaria, realizou unha saída polo paseo do Río Madalena, co fin de observar os cambios que se producen na natureza nesta época de outono e para recoller algún produto e estudialo na clase.

Olla aquí se queres algunha imaxe.

VISITA Á ESCOLA HABANERA DE SANTABALLA

O venres, día 4 de novembro, o alumnado de 3º e 4º de Primaria visitou a Escola Habanera da Liga Santaballesa, onde participaron en distintas actividades.

Podes ver algunha imaxe premendo aquí.

Distribuir contido