Curso 2016-17, Actividades extraescolares, Outras actividades

LETRAS GALEGAS 2017

Durante esta semana realizamos no centro diferentes actividades relacionadas coa conmemoración das Letras Galegas e coa figura do escritor homenaxeado este ano, Carlos Casares. Todo o alumnado participou na elaboración dun novo exemplar da nosa revista Charetas e na creación dunha videografía que podes ollar no seguinte enlace:

VIDEOGRAFÍA DE CARLOS CASARES

videografía

O alumnado de sexto curso está ensaiando a obra de teatro de Carlos Casares " As laranxas máis laranxas de todas as laranxas", que representarán proximamente.

VIII CARREIRA POPULAR ESCOLAR LETRAS GALEGAS 2017

A maioría do alumnado de Educación Infantil e Primaria do centro desprázase o martes 16 de maio á Praza da Constitución  para participar, a partir das 11:00 h, na carreira organizada polo Concello para os escolares nados entre o 2001 e 2011.

Algunhas fotos da carreira neste enlace.

CORRELINGUA

O día 4 de maio, o alumnado de 3º participou nos actos realizados en Lugo dentro das actividades do Correlingua en prol do galego.

Preme aquí para ollar algunha imaxe.

OBRADOIRO DE PRODUTOS LÁCTEOS

O alumnado de 1º participou nun obradoiro de elaboración de produtos lácteos na localidade asturiana de Vegadeo o xoves día 4 do mes de maio.

Podes visualizar aquí algunhas fotos.

OBRADOIRO EN VEGADEO

O alumnado de 6º de Educación Primaria, fixeron unha saída a Vegadeo, o día 28 de abril, para participar nun obradoiro que organiza o CFC e que se denomina "Circuito del banco". Logo realizaron unha visita pola ribeira do río Eo.

Pincha aquí para ver algunha imaxe.

ELABORACIÓN DE COMPOST

O alumnado de 4º de Primaria fixo unha saída, o xoves día 20 de abril, a Vegadeo, para participar nun obradoiro de elaboración de compost caseiro. Fixeron tamén unha breve visita á praia das Catedrais, en Ribadeo.

Pincha aquí para ver fotos da visita.

Día da AUGA e da ÁRBORE

    A semana do 20 ao 24 de abril, realizamos distintas actividades para reflexionar sobre a importancia da auga e das árbores. A Deputación de Lugo aportou libros para o alumnado de Educación Infantil e Primaria para comentar e aprender cousiñas da auga e das árbores.

   O venres, día 24, plantamos dous ameneiros, no recinto escolar e bautizámolos cos nomes de NEVADO e TRONQUIÑO.

 

 

VISITA A CHAMPIVIL E DISPRAVIA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 O alumnado de 1º e 6º de Primaria, no mes de marzo, fixo unha visita á Campivil de Vilalba para coñecer o proceso de envasado de grelos e outros produtos; así como coñecer algún aspecto desta empresa.

O alumnado de 6º aproveitará o aprendido para un traballo sobre empresas da zona e o alumnado de 1º, envasará grelos.

Posteriormente o alumnado de 6º de Primaria visitou as instalacións de Dispravia, para coñecer o preceso de elaboración do roscón de améndoa.

 

 

Visita 2º a Santaballa

O pasado 16 de marzo os rapaces e rapazas de 2º fixemos unha ruta por Santaballa onde vimos a medoña de Estelo. Despois estivemos na escola da Liga Santaballesa e tamén ollamos unha recreación dunha medoña e dun poboado antigo feito polos membros desta asociación.

Preme para ver algunha imaxe.

Charlas COGAMI

O venres 3 de febreiro o alumnado de primaria (de 1º a 5º) participou nunhas charlas de sensibilización sobre a diversidade funcional, actividade promovida por COGAMI.

O dia 7 e o 21 será o alumnado de 6º o que teña a sesión correspondente.

Distribuir contido