Curso 2016-17, Actividades extraescolares, Outras actividades

I Concurso de Samaín

Con motivo da celebración do Samaín, este ano no centro, convocouse o I Certamen do Samaín, concurso de debuxo e contos de medo para todo o alumnado. Houbo premios para os gañadores ou gañadoras.

Os debuxos premiados estarán expostos no colexio e os contos foron narrados polos seus autores ou autoras ao resto do alumnado nas clases, o venres, día 28.

Os premiados foron:

                    4º Infantil ------- Rubén Cabarcos López

                    5º Infantil ------- Mateo Díaz Pan

                    6º Infantil ------- Uxía Díaz Corzo

                    1º Primaria ------- Andrea Vélez Prado

                    2º Primaria ------ Susana Durán Cao

                    3º Primaria ------ Samuel Teijeiro Otero (páx 1)   (páx 2)

                    4º Primaria ------ Aitana Seoane Leal

                    5º Primaria ------ Lucía López Alvariño

                    6º Primaria ------ Nerea Paz Rodríguez

MIRAR CON TACTO

O venres, día 21, o alumnado de 4º de Ed. Primaria acudíu á Casa da Cultura para visitar a exposición itinerante "Mirar conTACTO" Arte para Discapacidade Visual, un proxecto expositivo da Fundación María José Jove e a Obra Social “La Caixa” que elexiron Vilalba como primera parada  para promover a integración das persoas con déficit visual e sensibilizar á poboación en xeral, ademáis de satisfacer a demanda cultural de persoas con déficit visual no campo das artes.

Se queres ollar algunha imaxe da visita, preme aquí.

 

Obradoiro no Gaiás

O  día 29 de setembro o alumnado de 6º de Ed. Primaria asistíu a un obradoiro sobre informática e robótica que tivo lugar no Gaiás, en Santiago de Compostela. Viñeron entusiasmados.

Preme aquí para ver as fotografías.

ACTIVIDADES DE NADAL

Con motivo da celebración do Nadal, o alumnado está realizando distintas actividades plásticas, musicais... para a ambientación do Centro nestas datas. Queremos estar preparados por se nos visita Papá Noel ou o Apalpador (...)

CONCERTO DIDÁCTICO

O martes, día 20 de setembro o alumnado de Ed. Primaria asistiu no cole a un concerto didáctico de instrumentos de  vento ofrecido por persoal do Conservatorio de Vilalba.

Para ver algunha imaxe preme aquí.

 

Distribuir contido