Curso 2018-19, Actividades extraescolares, Outras actividades

SAÍDA DE INFANTIL A LUGO

O alumnado de Educación Infantil trasladouse a Lugo, o día 29 de marzo, para acudir Sede Afundación Lugo e visitar a exposición de fotografía "Correr, saltar e chapuzar. Animais salvaxes e un pouquiño máis..."

VISITA AO PARQUE DE BOMBEIROS

O alumnado de 2º e 3º de Educación Primaria, realizou unha visita ao Parque de Bombeiros de Vilalba, o día 28 de marzo e 2 de abril, respectivamente. Coñeceron as instalacións, materiais e traxe que utilizan cando teñen que intervir e ata probaron a ser pequenos bombeiros.

DÍA DA AUGA E DA ÁRBORE

O venres, día 22 de marzo, celebramos o día da auga e da árbore, plantando o noso bidueiro, no recinto escolar. Bautizámolo co nome Harmonía, as 12 da mañá, xunto con outros centros da provincia. Durante esta semana estivemos traballando este tema nas clases co alumnado para concienciar da importancia do bo uso da auga e o coidado do medio ambiente.

O material foi donado pola Deputación.

Saída de 5º de Primaria

O alumnado de 5º de Educación Primaria realizou unha saída o día 21 de marzo,  para visitar o Concello, onde coñeceron as Institucións Locais e os lugares de traballo; e o Parque de Bombeiros de Vilalba.

Quedaron encantados!!!!

 

ÓPERA CAVALLERIA RUSTICANA

O xoves, día 21 de marzo, case todo o alumnado asistiu a un Making off da ópera CAVALLERIA RUSTICANA, no auditorio "Carmen Estévez" de Vilalba. Ao acto fomos invitados polo concello. (Video)

OBRADOIRO SOBRE O PAPEL DA MULLER NA SOCIEDADE

Con motivo da celebración do día internacional da muller, o concello organizou uns obradoiros sobre o papel da muller na sociedade actual, no que participa este centro. O venres, día 15 de marzo, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, participou nesta actividade que foi levada a cabo no propio colexio.

SEMANA DA PRENSA

Co motivo da celebración da semana da prensa, o xoves, día 14, tivemos unha charla-coloquio para o alumnado de 6º de primaria, sobre a prensa, coa participación de José M Palacios, periodista de La Voz de Galicia.

VISITA DE MALIBÚ

O mércores e xoves, 13 e 14 de marzo, tivemos unha visita especial. Veu vernos Malibú, unha cadeliña que foi recollida por Adriana, porque fora abandonada. Malibú contounos todo o que hai que ter en conta á hora de decidir ter unha mascota, sobre todo se son cans; tamén nos falou dos coidados que necesitan e das consecuencias que terían se non facemos as cousas ben.

Deixounos acariñala e estivo moi tranquila. Nós tamén nos portamos moi ben con ela.

Esperamos que veña pronto a facernos outra visita.

ENTROIDO

Pasou o Entroido e coas consignas que nos trouxo pasámolo moi ben ata o venres,  día que celebramos a festa de disfraces e o xuízo.

Se do entroido queres gozar
as consignas do meco debes seguir.

 

O martes frío non pasarás

e en bata ao cole virás.

 

O mércores non te esquezas da bata
e tampouco da gravata
para despois bailar unha bachata.

 

Coa bata e a gravata
isto non remata,
O xoves cun sombreiro viremos
e moi ben o pasaremos.

 

O venres será fenomenal
e co disfraz pasarémolo xenial.

 

 

 

 

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro é o día de Rosalía, no noso centro recordámola con cancións e poemas que deixamos escritos polas escaleiras.

Distribuir contido