Curso 2018-19, Actividades extraescolares, Outras actividades

TORRE DOS ANDRADE

O día 19 de febreiro o alumnado de 4º de Educación Primaria desprazouse á Torre da Homenaxe da vila onde Manolo, atraviado co traxe da época, nos explicou un pouco da nosa historia.

Visitamos distintas estancias do que hoxe é un Parador e subimos as almenas desde onde poidemos ver o pobo a vista de paxaro.

(Nova na prensa)

MUSEO DA PREHISTORIA

O venres día 15 de febreiro o alumnado de 1º de Educación Primaria fixo unha visita ao Museo de Prehistoria  da vila onde, ademais de ver os vestixios do noso pasado, asistiron a proxección dun vídeo e fixeron un obradoiro de cerámica.

CHARLAS SOBRE EDUCACIÓN SEXUAL

O alumnado de 6º de Educación Primaria, está participando nunhas charlas sobre Educación sexual, proxecto educativo promovido pola Deputación de Lugo.

Diversos factores fan que a educación sexual se faga necesaria neste momento, xurdimento e propagación do VIH- SIDA, o abuso sexual de nenos, nenas e adolescentes, propagación de novos medios de comunicación como internet e telefonía móbil,... 

Por todo isto, consideramos que o alumnado debe ter a información necesaria sobre este tema con base científica e impartida por profesionais acreditados para desenvolver dito proxecto.

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

Durante esta semana estivemos conmemorando este día con diversas actividades:

  • Lectura de mensaxes, poemas...
  • Tendais elaborados con corazóns a partir de mans simétricas, nas que incluímos mensaxes de paz.
  • Creación dun anteface, actividade conxunta coa EEI de Vilalba e o CEIP Antonio Insua Bermúdez.

Como colofón a estos días de celebración fixemos un baile e coreografía conxunta da canción "Bajo el mismo sol" de Álvaro Soler. 

 

CHARLA PILABOT

O xoves 17 de xaneiro o alumnado de 4º de primaria participou nunha charla sobre a composición e reciclaxe de pilas dentro do concurso Pilabot no que participa o noso centro.

PROGRAMA VAI x DIANTE

A partires do mes de xaneiro e ata finais de curso, o alumnado d 6º de Educación Primaria,  participará no programa "Vai x Diante", programa de prevención universal do consumo de drogas no ámbito educativo, proposto polo concello.

Con isto pretendemos ofrecer ao alumnado ferramentas e habilidades básicas que lle faciliten as relacións sociais e afectivas idóneas e coñecer estratexias que reduzan os riscos nos contextos sociais susceptibles de consumos.

ACTIVIDADES DE NADAL

Con motivo da chegada do Nadal, o alumnado  realizou distintas actividades plásticas, musicais... para   ambientar o Centro nestas datas. Fixeron moitas estrelas para guiar o venres, despois do festival , a Papá Noel e ao Apalpador, que nos visitaron e lles trouxeron castañas, chocolatinas e caramelos.

O festival estivo moi animado. Houbo bailes, cancións, panxoliñas, teatro e ata houbo publicidade.

 

ACTIVIDADES DE NADAL

Con motivo da chegada do Nadal, o alumnado está a realizar distintas actividades plásticas, musicais... para   ambientar o Centro nestas datas. Fixemos moitas estrelas para guiar o venres, despois do festival que estamos preparando, a Papá Noel e ao Apalpador, que quedaron de virnos visitar.

OS ELECTRECOS

O martes 11 de decembro o alumnado de 4º de Educación Primaria recibiu a visita da científica Atomilla para animarnos a participar no movemento RAEE (Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos) dos Bolechas.

Mediante xogos, contos e outras artes intentou continuar na concienciación da reciclaxe deste alumnado integrante da Ecopatrulla do noso centro.

PROGRAMA ATRÉVETE

O venres 30 de novembro o alumnado de 6º de Educación Primaria asistiu a unha charla dun empresario da zona no IES Lois Peña Novo, dentro das actividades do Programa Atrévete de Eduemprende. 

Aproveitaron para visitar as instalacións do centro e facer consultas de cara a un futuro profesional.

Distribuir contido