ACTIVIDADES DE NADAL
Con motivo da chegada do Nadal, o alumnado realizou distintas actividades plásticas, musicais... para ambientar o Centro nestas datas. Fixeron moitas estrelas para guiar o venres, despois do festival , a Papá Noel e ao Apalpador, que nos visitaron e lles trouxeron castañas, chocolatinas e caramelos.
O festival estivo moi animado. Houbo bailes, cancións, panxoliñas, teatro e ata houbo publicidade.