Curso 2018-19, Actividades extraescolares, Outras actividades

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O noso cole quixo participar na celebración deste día contra a violencia de xénero, facendo reflexionar ao alumnado sobre este problema. Xunto con varios centros da nosa comunidade e dentro dun proxecto ( #equaliter) impulsado polo CEIP Aquilino Iglesias de Abadín, realizamos uns murais que reflexan o noso rechazo a todo tipo de violencia, e como non, contra a violencia de xénero.

Tamén o alumnado de 6º fixo acto de presencia na lectura do manifesto que se fixo na praza da Constitución, o venres, día 23, contra a VIOLENCIA DE XÉNERO, acto organizado polo concello de Vilalba.

 

RUTA DE SANTABALLA

O alumnado de 5º de Educación Primaria, realizou unha saída o día 22 de novembro, a Santaballa. Chegaron andando ata a Medoña de Esteiro e a Pena Grande. Tamén visitaron a escola e a reproducción dun asentamento prehistoórico do castro situado a carón dela.

 

CAMIÑO DE SANTIAGO

    O alumnado de 6º de Educación Primaria, o venres, día 16 de novembro, foron realizar un tramo do Camiño de Santiago, dende Martiñán ata o Rañego, para coñecer parte da cultura de Galicia e observar os cambios estacionais na natureza. 

 

Resultado de imaxes para peregrino gifChegaron cansos, pero contentos de conseguir facelo.

SAÍDA POLA VILA

O día 15 de novembro, o alumnado de 2º de Ed. Primaria, realizou unha saída a pé pola vila para coñecer algunha das nosas institucións. En primeiro lugar visitaron o Concello onde estiveron con concelleiros e o Alcalde que lles contaron en que consistía a súa laboura. Na sala de Plenos simularon ser eles os representantes da vila.  Logo estiveron coa Policía Local e Protección Civil. Disfrutaron moito poñendo sereas e falando polas emisoras.

Despois de tomar o tentempé, visitaron o Castelo dos Andrade (Parador de Turismo), onde lles contaron a historia da Torre. 

Para rematar, foron ver a casiña do Ratiño Pérez e de paso leváronlle unhas cartas. Cal foi a súa sorpresa ... que tiñan alí unha nota del.

Chegaron moi cansos, pero contentos e emocionados.

MAGOSTO

0 martes, día 13 de novembro celebramos o magosto no noso cole. Houbo diversos xogos cooperativos, comemos castañas que asaron as profes no patio e pasamos un ratiño de troula.

Aproveitamos para entregar os agasallos ao alumnado premiado no concurso de cabazas e no III concurso de debuxo e conto sobre caveiras e esqueletos ao alumnado.

NO CONCURSO DE CABAZAS 

Tivemos unha gran participación. Todas estaban moi elaboradas e foron moi orixinais polo que foi difícil a escolleita. Resultou premiado o seguinte alumnado:

Categoría Infantil: Valeria López Busto .

Categoría 1º e 2º Primaria: Saúl López Castro.

Categoría 3º e 4º Primaria: Alejandra Quintela Cedeiro.Resultado de imaxes para esqueletos

Categoría 5º e 6º: Aitana Soane Leal.

NO III CONCURSO DE DEBUXO E CONTO

Neste concurso tamén nolo puxeron moi difícil os rapaces. Resultaron premiados:

Categoría Infantil: Leo Rey Oromendia.

Categoría 1º e 2º Primaria: Naila Ameijide Teijido.                                                                            

Categoría 3º e 4º Primaria: Martín Boizán Pardo.

Categoría 5º e 6º: Ana Río Goás.

PARABÉNS!   

 

O SAMAÍN


No noso cole celebramos o Samaín.Para elo os nenos e nenas trouxeron as súas cabazas adornadas para a ocasión e tivémolas nos patios acompañadas de fantasmas, arañas, mouchos, gatos negros, caveiras, esqueletos .... e demais fermosuras que se extenderon tamén por clases, corredores, escaleiras e demáis recunchos do colexio.

Tamén o celebramos escribindo un arrepiante conto para o  "III Certame de Contos de Samaín" adicado este ano a caveiras e esqueletos.

PASEO POLO RÍO

O alumnado de 3º de Educación Primaria,o xoves, día 25 de outubro, fixo unha saída pola beira do río Madalena para descubrir os hectómetros literarios, ademais de observar os cambios que se producen na natureza co outono.

Actividades organizadas pola ANPA

Actividades de tarde organizadas pola ANPA do noso cole

Concerto didáctico

O mércores, día 19 de setembro, tivemos a primeira actividade complementaria deste curso. Foi un concerto didáctico que nos interpretaron os músicos "Superheroes" da Asociación Cultural Escola de música de Vilalba "Esmuvi".

 

 

Distribuir contido