Curso 2018-19, Actividades extraescolares, Outras actividades

VISITA DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA A SANTIAGO

O martes, día 4 de xuño, o alumnado de 6º de Educación Primaria desprazouse a Santiago para visitar as dependencias da Xunta de Galicia e ao Parlamento e coñecer máis de cerca estas institucións. Viñeron encantados. 

Saída do alumnado de 2º

O alumnado de 2º de Educación Primaria, realizou unha saída o día 30 de maio, ata Arzúa para coñecer a casa do mel "O enredo do abelleiro", alí participaron en tres obradoiros: Taller de cera, do apicultor e do envasado.

Tamén visitaron o Museo etnográfico en Melide, onde viron pezas recollidas nos castros da zona, así como apeiros de oficios, xoguetes, utensilios da escola, etc.

VISITA DO ALUMNADO DA EEI DE Vilalba

O luns, día 27 de maio, tivemos unha visita especial. Viñeron a coñecer o cole o alumnado de EEI de Vilalaba, trouxéronnos uns contos feitos por eles e elas e nós tamén tivemos un detalliño. Enseñámoslle o comedor, a biblioteca, as aulas e coñeceron aos futuros compañeiros e compañeiras.

XOGOS EN FRANCÉS

O alumnado de 1º e 2º de Primaria, participaron nunha actividade proposta dende o  IES BASANTA SILVA. Con esta actividade o alumnado de 1º de BAC do  Instituto propoñen xogos en francés para que o alumnado deste centro aprenda as cores, os números e a presentarse e así vaian tomando contacto con este idioma.

SAÍDA A FERROL

O alumnado de 1º de Educación Primaria realizou unha saída a Ferrol para visitar "EXPONAV", museo que nos mostra a evolución dentro do mundo marino: os elementos, as máquinas, construcións, ... Durante esta actividade participaron no Obradoiro de Piratas.

Tamén visitaron AULA ECOLOXÍA URBANA, onde participaron no obradoiro "Detectives da contaminación"

 

VISITA A DISPRAVIA

O venres, día 24 de maio, o alumnado de 6º de Educación Primaria visitou "DISPRAVIA", empresa situada no polígono industrial de Vilalba, dedicada a recuperar produtos doces tradicionais con receitas recollidas  polas vilas e aldeas da Terra Chá.

 Esta visita faise dentro do proxecto "Atrévete" que desenvolve o IES "Lois Peña Novo" desta localidade.

LETRAS GALEGAS

No centro queremos celebrar o día das Letras Galegas con moitas actividades. Xa vimos realizando algunhas dende hai tempo como o concurso de deseño de chapas que luciremos orgullosas na nosa solapa. A gañadora deste concurso foi Carla Souto Gutiérrez de 6º de Educación Primaria.  Tamén preparamos unhas bandeiriñas para colgar nas ventás.

O día 16, teremos un festival onde actuará un coro co alumnado de 6º que interpretará cancións en galego, un grupo de 2ºque fará un baile dunha canción galega, os de 5º nos contarán a vida e obras de Antón Fraguas, os de 4º que nos farán unha representación dunha obra recollida polo autor "O casamento da pulga e a mosca" e un grupo de infantil que nos fará unha canción.

Esperamos pasalo moi ben.

CARREIRA POPULAR LETRAS GALEGAS

O alumnado deste centro participou na X Carreira Popular das Letras Galegas, organizada polo Concello. Esforzáronse moito e pasárono moi ben. Obtiveron premio :

                                                 Antonio Lestón Geada de 6º de Primaria

                                                 Julián Peteira Rouco de 3º de Primaria.

                                                                                                  MOITOS  PARABÉNS !!!!!!!!!!!!!!!

CONCURSO MICRORRELATOS 2019

No certame de microrrelatos organizado polo Concello de Vilalba para conmemorar o Día do Libro 2019, resultaron gañadoras:

                                                                         1º Premio: Nerea Villar Ferreiro, coa súa obra "A historia da pravia"

                                                                         3º Premio: María Otero Díaz, coa súa obra "Un ancián feliz"

MOITOS PARABÉNS!!!!

VISITA A COOPERATIVA MILHULLOA

O martes, día 30 de abril, o alumnado de 6º de Educación Primaria traslarase a Palas de Rei para visitar "Milhulloa S. Cooperativa Galega" en Palas de Rei, empresa dedicada á agricultura orgánica tanto de plantas medicinais como de vexetais. Alí coñecerán o proceso de elaboración do produto dende o cultivo ata a súa comercialización, que se leva a cabo nesa empresa.

Distribuir contido