Club de lectura

Actividades do Club de lectura

Palabras de auga

O derradeiro libro traballado no club de lectura de sexto curso foi Palabras de auga de Macos Calveiro e publicado por edicións xerais.

O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o alimento agochado nos formigueiros, mais tamén, como afouto guerreiro, haberá de se enfrontar axiña cos perigos da caza e da procura de Numba, o seu irmán maior, desaparecido no campamento dos nenos soldado...

Palabras de auga é unha viaxe cara ao interior do continente africano e da súa cultura, mais tamén un camiño iniciático cara á madurez. Un relato emocionante, cativador e conmovedor.

O libro móstranos como é a vida diaria duha sociedade africana que non dista moito do que podería ser a vida no Neolítico.

Como remate final, realizamos o concurso de lectura sobre o libro no que participou a totalidade do alumnado de 6º curso de Ed. primaria. Para elo, conformamos catro equipos heteroxéneos creados aleatoriamente por sorteo.

O equipo vencedor foi o formado por Diego, Gustavo e Andrés. Recibiron como agasallo o libro titulado El ladrón del rayo de Rick Riordan.

Quedada sobre o libro Unha bolsa de patacas fritas na Polinesia.

O último día do mes de maio, realizamos un encontro na biblioteca, con todos os membros do club de lectura para cambiar impresións sobre o libro traballado ao longo do terceiro trimestre: Unha bolsa de patacas fritas na Polinesia de Jordi Sierra i Fabra.

A ampla participación de todos os seus membros fixo que o encontro fose moi produtivo xa que aproveitamos a ocasión para abordar varios temas de conservación do medio ambiente que levamos traballado ao longo do curso desde o noso PDI.

A experienncia foi moi enriquecedora.

Xa estamos desexando que volva a comezar o novo curso para pór a rodor de noov o Club de lectura.

Encontros co escritor e editor Xabier Domínguez

No mes de maio tivemos a gran sorte de contar coa presenza de Xabier Domínguez, editor e escritor dun dos libros traballados no Club de lectura: Naturizo. O regreso das flores.

Neste encontro non só falamos do seu libro, senón que nos explicou o proceso laborioso que hai detrás de cada un dos libros que temos na nosa biblioteca: desde que está na cabeciña do seu autor ou autora, ata que chega ás librerías para ser mercado.

Nova mascota para a biblioteca e os clubs de lectura

Xa temos nova mascota para a biblioteca e os clubs de lectura, unha vez resolto o concurso que se convocara en xaneiro.

Trátase dunha evolución do noso querido Leo a unha versión un pouco máis heroica realizada por Marta Rey Vila. Aquí vos presentamos a SUPERLEO. Os seus poderes xa os iredes descubrindo pouco a pouco na biblioteca do cole,

Moitos parabéns para a autora da mascota!!

Na seguinte galería de imaxes teredes acceso a parte dos traballos presentados ao concurso:

Distribuir contido