Hora de ler de 3º Ed. Primaria

Os títulos lidos no Tempo de Ler, durante o curso 2016/2017, na aula de 3º de Ed. Primaria foron os seguintes:

  • En Lingua Galega
    • O Dedo Máxico de Roal Dahl.
    • O Espello e o Dragón de Xavier Queipo.
    • O Dente de Clara de Ana Expósito
    • Lolo anda en bicicleta de Carlos Casares
  • En  Lingua Castelá
    • El Súperzorro de Roal Dahl
    • Gato Negro, Gato Blanco
    • Poesías de Gloria Fuertes

Como paso previo á lectura de cada libro ou poesía, falouse sobre o autor ou autora, e sobre os ilustradores; tamén sobre o mesmo libro, de tal xeito que o alumnado iniciaba a lectura cunha mínima base do que ía ler.

Antes da lectura de cada libro, fixeron cadansúa ficha que quedou arquivada no arquivo de lectura da clase.

Unha vez rematado o libro, cada alumno e alumna fixo a súa valoración persoal cubrindo a fichiña “Tempo de Ler tempo de Lecer”.

Despois da lectura de cada libro, o alumnado escolleu aquel capítulo que máis lle agradou e elaborou un debuxo que resumía ese capítulo. Unha vez unidos todos confeccionouse unha adaptación do libro acabado de ler.

As poesías transcribíronse e ilustráronse.

O alumnado, elaborou dous contos, en lingua galega, para seren lidos na aula de infantil. Formando dous grupos, cada un ideou unha historia que logo lle deron forma, plasmárona en papel multicolor con ilustracións que eles mesmos imaxinaron e adornaron con recortes superpostos e pegados a modo de pestanas, diálogos en bocadillos,… Os títulos son:

  • A Granxa Máxica
  • Feliz cumpleaños, Panda.