Actividades de COGAMI

O día 04 de abril de 2018 estiveron co alumando de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria membros asociación COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).

Na aula de 3º e 4º de Educación Primaria explicáronnos a través de vídeos as dificultades que teñen as persoas con discapacidade a día de hoxe.

Na aula de 5º e 6º de Educación Primaria a explicación centrouse na terminoloxía de termos como: discapacidade, minusvalía, enfermidade, discapacidade motriz, intelectual,…

Despois da explicación tocou xogar no patio, e ver de primeira man como son os xogos e as regras dos mesmos adaptados para as persoas con discapacidade, entre eles: o fútbol, voleibol e xincana coas cadeiras de rodas.