From Manuel Sueiro to Sweden

Tendo como guía á nosa auxiliar de conversa, Melissa, e como lingua vehicular, inglés, fixemos unha viaxe que nos levou desde o noso cole ata Sweden.

Coñecemos o seu lugar en Europa, bandeira, comidas típicas, tradicións, festas e os Dala Horse, dos que fixemos réplicas.

Nun tempo no que as viaxes están restrinxidas á nosa imaxinación, no CEIP Manuel Sueiro viaxamos ben lonxe grazas á axuda da nosa auxiliar de conversa.

THANK YOU MELISSA!

Abrir presentación a toda páxina

Spelling Bee

Os compañeiros/as de 5º E.P. participaron no primeiro SPELLING BEE no noso cole. Deletrearon palabras en English de 3, 4, 5, 6 e 7 letras, empregando o menor tempo posible.

A gañadora absoluta, sen cometer un só erro, foi Eva Seoane Pulgar, recibindo o seu diploma acreditativo.

Félix Vadillo Leyes e Lucas  Vidal López quedaron empatados no seguinte posto, sendo imposible o desempate tras moitos intentos. Tamén eles recibiron o seu galardón.

Everybody Worries

Esta historia de Jon Burgerman permitiunos achegarnos aos sentimentos que a pandemia xera nas vidas dos nosos nenos/as dun xeito amable.

Eles son quen de amosar aquelo que senten. Plasmaron nunha ficha os diferentes momentos nos que se sentiron, SAD, HAPPY, SCARED or WORRIED.

As cores deron forma aos sentimentos que se transformaron en rackets: blue if you feel sad, orange if you feel happy and purple if you feel scared.

Ao remate da actividade, o noso principal feeling é ORANGE.

BEN POLOS NOSOS SUPERHEROES!!

https://www.youtube.com/watch?v=skbOQdslKqk

Extratexias para unha busca segura en internet

  1. Planifica ben o que queres buscar, tenta delimitar ben as palabras que poden transmitir o que realmente queres atopar
  2. Se queres atopar algo concreto o mellor é poñer a frase exacta, para isto pona entre “ “ exemplo: “Prevención de riscos na rede” “como axudar ao alumnado na rede”
  3. Se queres acortar o número de resultados, evita os espazos e emprega o signo + sen comiñas exemplo: prevención+riscos+rede
  4. Se o que queres é excluír algunha información emprega o signo - exemplo: prevención+riscos+rede -libros
  5. Se queres que a túa busca abranga varias alternativas emprega OR, exemplo: abuso OR adicción AND internet
  6. Se queres reducir a busca a contidos relacionados coa educación teremos que poñer “palabra/frase” site:edu exemplo: site:edu “vida de Einstein”
  7. Se o que buscas é a definición dunha palabra en vez de buscar nun dicionario na Rede basta con por “define:palabra” por exemplo define:emoción
  8. Asegúrate de que a páxina é segura, podes facelo revisando que conteña ao inicio HTTPS o s significa seguro
  9. Tamén é importante que vaia acompañada da imaxe do candado, e se fas clic enriba obterás a información sobre a seguridade do sitio

Día da Paz 2021

Este ano, a celebración do Día da Paz, no noso cole, foi un pouco distinta á de anos anteriores por mor do Covid. Por iso, parte do alumnado estivo pescudando ao longo deste mes sobre os ingredientes precisos para elaborar unha vacina contra este virus que está a mudar os nosos hábitos. Na seguinte ligazón podedes atopar máis información sobre este gran descubrimento para a noso a comunidade educativa.

O alumnado de 1º de Ed. Primaria realizou un mural co abecedario da Paz.

O venres 29 de xaneiro, na hora do recreo, presentamos as seguintes actividades que se estiveron traballando nas nosas aulas nos días previos a esta data:

Nas aulas das seccións bilíngües os/as SUPERHEROES do cole empregan todos os seus poderes para eliminar a violencia na nosa sociedade, empezando polo noso colexio.

Odiovirus. Día da Paz 2021

Ao longo desta semana, os alumnos e alumnas de 4º estivemos traballando o día da Paz mediante as emocións.

Para elo creamos un virus, ao que lle chamamos "Odiovirus", que representa a violencia, os medos e as preocupacións.

Unha vez detectado o virus, creamos a vacina que nos axudará a combatelo. De nome puxémoslle "Amistidina" e os seus compoñentes son:

  • amizade
  • paz
  • escoitar
  • amor
  • empatía
  • respecto

Comprometémonos a seguir traballando nela e no proceso de vacinación para erradicar a violencia.

Por último, cada un de nós elaborou a súa propia cartilla de vacinación segundo o modelo faciliatdo por Unicef baixo o título de  "Paz e bo trato" coa que nos comprometemos a recordar os nosos compromisos e a mantelos vivos.

 CARTILLA DE VACINACIÓN

Obradoiro de máscaras de Entroido

O día 20 de xaneiro realizamos no cole un obradoiro de creación de máscaras do Entroido, coa colaboración da Concellería de educación de Ourense, como alternativa ao tradicional obradoiro de creación de comadres e compadres que este ano non se celebrará por mor do Covid.

A actividade tivo unha duración de 90 minutos, dividido en dúas partes: unha teórica e outra práctica. Por unha banda, visualizamos un mapa da provincia de Ourense, identificando as vilas que celebran esta festa dunha maneira máis relevante, acompañado dunha explicación dos seus traxes e costumes. Posteriormente, pasamos a decorar catro máscaras de cartolina típicas do Entroido ourensán:  Boteiro de Viana do Bolo,  Cigarrón de Verín,  Peliqueiro de Laza e Pantalla de Xinzo de Limia.

O obxectivo principal desta actividade foi o de contribuír á conservación das nosas tradicións dunha maneira lúdica e pedagóxica traballando distintas áreas de coñecemento como son a plástica e a pintura, a lingua galega e as ciencias sociais.

Boneco de Neve

O alumnado de 4º de Ed. Primariarealizou uns bonecos de neve para agasallar as súas familias e decorar nas súas casas. Se premes na imaxe superior poderás visionar os nosos traballos.

A tábia do 3

O alumnado de 3º de Ed. Primaria refixo a letra da canción de Feliz Navidad para memorizar a táboa do 3.

Nadal 2020

Este curso, por mor do COVID, non foi posible realizar o Festival de Nadal no salón de actos do IES As Lagoas, como viña sendo tradición nos derradeiros anos... por iso, todo o alumnado e profesorado, decidiu realizar unha serie de actividades interpretativas para que a nosa comunidade educativa non se quedara sen actuacións de Nadal... esperemos que sexan do voso agrado.

Nas seguintes ligazóns podedes visionar os traballos realizados polo alumnado do cole.

Actuacións:

Bo Nadal!