Skip to Content

EXPOSICIÓN PREMIOS MARÍA WONENBURGER PLANELLS

Por segundo ano consecutivo temos o pracer de mostrar esta actividade de novo no centro.

Enmarcada no plan proxecta "Donas de sí", dende o 12 de febreiro ata o 25 de febreiro temos no centro instalada unha exposición de paneles proposta pola Secretaría Xeral de Igualdade, a disposición de toda a comunidade educativa para a súa visita.

Este tipo de actividades para nós sond e vital importancia para por en valía e visibilizar o papel da muller nos ámbitos científicos, tecnolóxicos e matemáticos en diversos eidos destes campos de estudo.

A espoxición e o premio, que se concede cada ano a mulleres cuxos estudios e investigacións son de relevancia social, leva o nome dunha investigadora e matemática galega, María Josefa Wonenburguer, unha auténtica pioneira e referente feminino internacional no ámbito das ciencias, sendo unha científica adiantada ao seu tempo. A través desta exposición puidemos coñecer as achegas destas mulleres galegas da ciencia que seguen a traballar e investiar cada día.

 

 

HORTICULTORES/AS!

Comezamos a plantar de novo!

Aproveitando a chegada destes días solleiros, saímos ao noso recuncho favorito do centro e comezamos a por en marcha o noso horto escolar plantando as primeiras leitugas e coles. De seguro pronto poderemos probalas! 

 

Día da Paz 2018

Moreas de símbolos da Paz realizados polo alumnado encheron as nosas aulas e o centro para conmemorar esta celebración durante este curso escolar.

O curso anterior adicámoslle o día as mulleres da historia que loitaron pola paz en contra das desigualdades e inxusticias no mundo, e este ano coñecemos máis sobre un home que loitou por ela incansablemente, Nelson Mandela.

As nenas e nenos quixeron enviar as súas mensaxes e desexos elaborando a súa "Árbore pola paz", para que hoxe, e todos os días do ano, sexan o día da Paz! 

 

Primeira grabación dun STOP MOTION

O xoves no centro realizamos un obradoiro no eido do plan proxecta "Nós tamén creamos", no que as nenas e nenos comezaron a traballar co kit de grabación que se adquiriu no centro.

Primeiro creamos as nosas personaxes. Aproveitamos para reciclar e empregar materiais en deshuso do centro, calquera cousa se pode convertir nunha bonita personaxe con un pouco de imaxinación e pegamento.

Unha vez tivemos o noso elenco de actores e actrices preparado, montamos o noso kit de grabación: cámara, portátil, lámpadas de iluminación...

O fondo que escollemos desta volta foi branco, para xogar coa luz e ver as sombras que se producen durante a grabación e ver os distintos efectos que podemos conseguir con ela.

Durante esta primeira práctica recibiron unhas nocións básicas de manexo e seguridade mentras se traballa con este equipamento.

A orixe do cine e da animación

LUCES...CÁMARA...ACCIÓN!!

Comezamos a por en marcha actividades enmarcadas no proxecto "Nós tamén creamos".

Este proxecto, no que participará o alumnado de 1º,2º,3º e 4º de educación primaria, versará sobre o mundo do cine e da animación, proxecto no que realizarán un STOP MOTION dun libro de literatura galega que elas/es memas/os escollan entre unha colección deles. 

Pero este amor polo cinema será extendido a todo o alumnado do centro, dende a Educación Infantil ata os cursos máis altos da Educación Primaria, polo que todo o centro se mergullará no mundo do cine e da animación empregando diferentes estilos, técnicas e diferentes recursos.

Para saltar dentro deste proxecto, decidimos comezar dende o principio, polo que no centro realizamos un taller de animación e orixe do cine.

Primeiramente o alumnado expuxo as súas ideas previas sobre o cine, os seus gustos e como pensan que comezou este arte e cando (case o adiviñan).

Distribuir contido


by Dr. Radut