Skip to Content

PDC

PROXECTO CONTRA O DESPERDICIO DE ALIMENTOS

28/09/2018 00:00

Comezo da actividade.

OBRADOIRO DE ACROSPORT

acrosport é un deporte que combina acrobacias e coreografías. É unha modalidade deportiva incluída na Federación Internacional de Deportes Acrobáticos. Este deporte ten tres elementos fundamentais:

  • Formación de figuras ou pirámides corporais.

  • Acrobacias e elementos flexibilidade, forza e equilibrio.

  • Elementos de ximnasia, saltos e piruetas ximnásticas.

Como nos gusta probar cousas novas decidimos experimentar con esta modalidade.

Ao comezo resultou moi difícil manter o equilibrio, pero pouco a pouco conseguimos facer moitas figuras.

A nos encantounos esta experiencia e queremos compartila con todos. Aquí vos deixamos unha pequena mostra!!

 

OBRADOIRO 061

No noso centro pensamos que todo o mundo debe ter coñecementos de como debe actuar en caso de unha emerxencia sanitaria. Para poñernos ao día recibimos a visita de dous técnicos do 061, Eladio e Camilo, que impartiron un cursiño onde nos ensinaron cousas moi interesantes e valiosas no que tamén participaron as familias.

Así, aprendemos que ante calquera emerxencia debemos seguir a regra PAS (protexer, avisar, socorrer). Tamén aprendemos como debemos actuar ante un atragantamento, ou como saber se unha persoa incosciente respira. 

Finalmente fixemos unha pequena práctica de soporte vital básico, na que aprendemos como facer a RCP. Pero non pensedes que só foi unha clase teórica... Todas e todos tivemos que practicar!!  Aquí vos deixamos unha pequena mostra. 

 

CAMPIONATO XOGADE DE BADMINTON- FASE ZONAL

O pasado Domingo 8 de Abril viaxamos a Chantada para participar na fase zonal do campionato Xogade de bádminton. Foi un gran día para nós, no que aprendemos a gañar e a perder, aceptando os resultados con deportividade.

Tivemos a oportunidade de practicar o badminton xogando con nenas e nenos doutros Centros escolares, como os de Taboada, Chantada e Sarria e O Sabiñao. Ao finalizar o torneo houbo medallas para todos e todas!!

Aquí vos deixamos unhas imaxes para que vexades o ben que o pasamos!!

 

Happy Easter! / Feliz Pascua!

 

Happy Easter everyone! Here in Lousada we celebrated Easter in our English clases. A few weeks ago with the help of Lauren, Harriet and our teachers we had an Easter Egg Hunt! It was lots of fun and all of the clues to find the eggs were in English. Afterwards, we listened to a presentation about Easter in the UK and had a quiz to test what we had learnt. Classes 4, 5 and 6 made posters about Easter food, Easter games and Easter symbols using the presentation and the internet to find information. Classes 1, 2 and 3 made Easter cards and learnt new vocabulary.

HAPPY EASTER HOLIDAYS, SEE YOU IN APRIL!

 

 

 

Feliz Pascua a todos! En Lousada celebramos a Pascua nas nosas clases de inglés. Fai unhas semanas coa axuda de Lauren, Harriet e os nosos mestres fixemos a busca dos ovos de Pascua por todo o colexio, divertímonos moito e todalas pistas estaban en inglés. Despois,escoitamos unha presentación sobre a Pascua no Reino Unido, e fixemos un concurso para comprobar todo o que aprendemos. A clase de 4,5 e 6 fixeron murais sobre a comida típica, xogos e símbolos, para iso usamos a presentación e información de internet. A clase de 1, 2 e 3 fixemos postais de Pascua e aprendemos novo vocabulario.

 

FELICES VACACIÓNS DE SEMANA SANTA,VÉMONOS EN ABRIL!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut