Skip to Content

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 24/25

Desde o venres día 1 ata o 20 de marzo de 2024 permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión para o vindeiro curso 2024/25, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria que desexa cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

 Poden realizar as súas consultas no teléfono 982870366/7 ou no correo electrónico ceip.lousada@edu.xunta.gal 

  • Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido: 25 de abril.
  • Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido: 15 de maio.
  • Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

MODALIDADES DE PRESENTACIÓN:

- Presentación presencial no centro a través do impreso de solicitude. (Para acceder ao impreso da solicitude pinche aquí).

- Telemáticamente a través da sede electrónica ou a través da aplicación admision alumnado no seguinte enlace: admisionalumnado 

 

 

 



blog | by Dr. Radut