Skip to Content

Robótica

Plan de innovación educativa "Introducción á Robótica educativa en Primaria"

Robótica en Lousada

No CEIP Plurilingüe de Lousada estamos a desenvolver o proxecto de innovación educativa_

"Introducción á robótica na educación primaria".

O obxectivo máis importante que nos propoñemos con este proxecto é iniciar ao noso alumnado no desarrollo de habilidades e competencias clave a través da resolución de retos cognitivos mediante o uso da robótica e da programación, empregando as novas tecnoloxías e dando resposta as novas demandas educativas deste sociedade. Pero si debemos ter clara a seguinte premisa:

motivación  no noso alumando é unha das chaves para que poidan acadar os seus obxectivos tanto cognitivos como persoais. Por iso vemos neste proxecto unha forma lúdica e creativa de traballar contidos e desarrollar competencias dunha maneira dinámica e significativa, dandolles a oportunidade de ver unha aplicación real a todos os contidos que ven día a día na aula. 

ESCOLA DE NAIS E PAIS: Educación dixital - Antonio Rial

Un ano máis realizamos no centro a Escola de Nais e Pais.

Esta iniciativa nace debido á participación do profesorado en Plans de Formación Permanente do Profesorado (PFPP), por segundo curso consecutivo, e á existencia de tres Grupos de Traballo do profesorado no centro. Estes grupos de traballo están vinculados a tres proxectos levados a cabo durante este presente curso escolar 2018-2019: “Edulingüe: centro Plurinfantil e Plurilingüe”, “EDIXGAL: educación dixital” e “Introdución á robótica educativa na educación primaria”.

No centro somos conscientes da importancia da actualización e continua formación do profesorado para poder acadar os obxectivos que nos propoñemos en cada proxecto levado a cabo no centro. Do mesmo xeito, consideramos que é importante a formación das familias paralelamente en asuntos de grande interese, tanto no ámbito da escola como fóra dela, para a educación e desenvolvemento persoal e social dos/as vosos/as fillos/as.

Primeiros pasos con DOC

 

 

Neste segundo trimestre, o alumnado de 1º, 2º e 3º comezará a traballar máis no mundo da robótica co noso robot DOC.

Para comezar as nenas e nenos realizarón un brainstorming para buscarlle un nome ao robot, e despois dunha dura votación, o nome escollido foi TINTÍN.

Durante este proxecto crearemos un rincón permanente de robótica educativa. Nel o alumnado poderá traballar co robot de maneira guiada nalgunhas actividades, pero tamén de maneira autónoma, podendo atender deste xeito aos diferentes ritmos de aprendizaxe que nos atopamos na aula.

O robot acompañaranos non soamente nas sesións específicas de robótica que realizará o alumnado destes niveis, senón que tamén o empregaremos para adquirir e repasar os contidos de distintas materias dunha maneira lúdica ao longo deste trimestre mediante o planteamento de diferentes actividades e creando taboleiros que empregarán para explorar este tipo de recursos en función da temática proposta.

Resumo proxecto Robótica - Curso 2017-2018

Xa rematamos un curso escolar máis! E con el acabamos o noso proxecto de "Introducción á robótica educativa", co cal non podemos estar máis contentas e contentos. 

Foi un ano no que descubrimos moita nova información, desmentimos algun mito que tiñamos sobre este tipo de tecnoloxía e traballamos conxuntamente para medrar máis persoalmente e cognitivamente. 

Foi un gran traballo de todo o alumnado e profesorado, dende cero, xa que nunca se traballara con este tipo de recursos, polo que estamos moi orgullosas/os do acadado. 

Realizamos este pequeno video para resumir algunhas das actividades realizadas, e por que creemos que a robótica é un bo recurso para traballar co noso alumnado. 

Sen máis, rematamos esta aventura! Pero en breves comezaremos a pensar o reto que levaremos a cabo o vindeiro curso 2018-2019....CONTINUARÁ! 

A nosa gran cidade/ Our BIG city

Na aula de plástica, co alumnado de Ed. Infantil e o de 1º,2º e 3º de primaria,  estivemos a traballar nas últimas semanas nun proxecto transversal entre diferentes asignaturas (inglés, arte e ciencias sociais) e proxectos (Mobilidade Sostible e segura, Robótica, Plurinfantil e Plurilingüe): a realización da maqueta dunha cidade

Na área de ciencias sociais, o alumnado estivo a aprender a diferenza entre os servizos e construccións que atopamos nunha cidade, nun pobo e nunha aldea. 

Na área de plástica, na que a lingua vehicular é o inglés, estivemos a aprender os nomes dos materiais que empregamos para realizar a nosa maqueta; repasamos as cores, formas e números; e por último aprenderon o nome das tendas, edificios e lugares que escollemos para formar parte da nosa cidade. 

Por outra banda, xa que no centro temos os proxectos de "Mobilidade sostible e segura" e "Introducción á robótica na educación primaria", nas próximas semanas pasaremos á seguinte fase deste proxecto, na que empregaremos os nosos robots para pasear pola cidade, repasando normas de circulación segura (como conductores e como peatóns), así como desarrollar no alumnado valores de conservación do entorno. Pronto veredes máis sobre esta actividade. 

Aquí vós deixamos fotos do alumnado realizando o proxecto. Os máis maiores tomaron as medidas e coa axuda do profesorado dividiron o espazo. Logo comezamos a decorar a maqueta, tentando empregar en todo momento (coa gran axuda da auxiliar de conversa) a lingua inglesa. 

Distribuir contido


by Dr. Radut