Skip to Content

Robótica

Plan de innovación educativa "Introducción á Robótica educativa en Primaria"

Programación creativa na igualdade

O pasado xoves 19 de Abril, tivemos unha xornada moi especial para conmemorar o "Día internacional das rapazas nas TIC", que é o día 26 de Abril.

O alumnado de 3º,4º,5º e 6º de primaria participou nun taller que, ademáis, está vinculado a dous proxectos que levamos a cabo no centro: "Donas de sí" e "Introducción á robótica na educación primaria".

O Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade ofertaron unha nova edición do seguinte taller: 

Programa Diana:

"Talleres de Programación Creativa na Igualdade". 

Os nosos robots están listos!

Como parte da aprendizaxe, e para facer que se sintan responsables do mantemento dos robots, decidiuse que foran os propios nenos e nenas os que realizaran a súa montaxe. 

Deste xeito aprenden non soamente as partes que ten o robot e para que serve cada unha delas, co que puidemos repasar contidos como os circuitos ou as formas de enerxía por exemplo, senón que tamén desarrollan moitas outras capacidades como:

  • Traballar en equipo.
  • Solución de problemas.
  • Manipulación de pezas delicadas.
  • Lectura e comprensión de instruccións para a súa montaxe.
  • Manexo de ferramentas básicas manuais.
  • Riscos e medidas de seguridade neste tipo de traballos.

Aquí tendes o resultado da xornada de oxe, sen dúbida foi un gran traballo. 

 

 

 

Lightbot game

Seguimos traballando o pensamento computacional coas nosas nenas e nenos. 

Oxe traémosvos un novo xogo que pode sernos moi útil para esta fin: Lightbot. Preme na imaxe para acceder á páxina principal. 

A forma de traballar con este xogo foi en grupo, de maneira cooperativa, e co uso de mini-flashcards coas mesmas imaxes empregadas no xogo para ir vendo paso a paso o que tiña que facer o robot virtual.

Mediante o uso das estratexias xa aprendidas ata o de agora, debían solucionar cada reto con unha sola oportunidade, sen equivocarse, polo que previamente debían debatir a fondo os pasos a seguir.

Con este xogo tamén comezamos a tratar o tema dunha expresión moi conocida como código basura comezando a entender un pouco os pasos que podían dar para "aforrar" códigos en movementos repetitivos do robot, por exemplo. 

Esteamos traballando con robots ou non este xogo encantounos, e a eles/as moito máis! 

 

Os robots no cine

Como parte do proxecto, queremos que as nosas nenas e nenos aprendan o máximo sobre o mundo da robótica e os avances científicos que se están a desenrolar oxe en día. 

Nesta ocasión pensamos en empregar o cine como unha ferramenta para tratar un tema tan complexo como o bo uso ou mal uso da tecnoloxía, e neste caso dos robots. Escollemos "Big Hero 6", unha película de animación que gustou dende os máis pequenos/as aos máis mariores (incluindo ao profesorado). 

Resultounos moi interesante para traballar a intelixencia emocional, a creatividade, a superación das pérdidas e a importancia do traballo cooperativo para conseguir os nosos obxectivos. Por outra banda vimos a importancia de ser conscientes das boas aportacións que poden traernos os avances tecnolóxicos pero tamén das graves consecuencias dun mal uso. 

Outras películas que podemos empregar neste proxecto poden ser Intelixencia Artificial, de Steven Spielberg, ou WALL-E, no que se trata transversalmente o coidado do medioambiente. 

 

 

Blockly Games

Este é o noso primeiro ano traballando con este tipo de material polo que vimos moi importante que o punto de partida para comezar a traballar a programación e a robótica fora o desarrollo do pensamento computacional no noso alumnado. 

Para levar a cabo este tarefa que, a priori, pode parecer unha labor tediosa e complicada, empregamos xogos nos que os nenos poden, de maneira moi intuitiva, ir desarrollando as capacidades e habilidades que, máis adiante, precisarán para programar o robot ou realizar certos retos. E todo isto dunha maneira lúdica. 

Darse conta de que un robot non é un ser autónomo, que soamente vai responder ao que nos lle decimos ou o feito de que se algo faia é porque algun paso realizamos erroneamente, fai aos nosos nenos e nenas conscientes do seu rol neste tipo de actividades, cambiando a súa forma de pensamento: máis reflexivos e capaces de ir paso a paso, traballando en grupo e chegando a conclusións conxuntas e afrontando o erro como parte dun proceso

Con estes mini-xogos e o uso da programación conseguimos repasar contidos como os ángulos, as coordenadas ou a orientación espacial, entre outros. Moi recomendable. 

Aquí vos deixamos o link ao xogo para prácticar o empregar nalgunha actividade, e imaxes das nenas e nenos de 4º, 5º d 6º traballando con el. 

Juegos de Blockly

Distribuir contido


by Dr. Radut