Skip to Content

Educación física

CAMPIONATO XOGADE DE BADMINTON- FASE ZONAL

O pasado Domingo 8 de Abril viaxamos a Chantada para participar na fase zonal do campionato Xogade de bádminton. Foi un gran día para nós, no que aprendemos a gañar e a perder, aceptando os resultados con deportividade.

Tivemos a oportunidade de practicar o badminton xogando con nenas e nenos doutros Centros escolares, como os de Taboada, Chantada e Sarria e O Sabiñao. Ao finalizar o torneo houbo medallas para todos e todas!!

Aquí vos deixamos unhas imaxes para que vexades o ben que o pasamos!!

 

Xornada de Bádminton en Taboada

Este pasado Domingo, 25 de Febreiro, collemos as nosas raquetas de bádminton, puxemos a nosa equipación e fomos de camiño a Taboada a participar nunha competición amistosa entre colexios da contorna.  

Pasamos unha mañán na que practicamos deporte, divertímonos moito e as nenas e nenos coñeceron compañeiros/as doutros centros que tamén están a practicar este deporte. 

Foi tamén unha gran oportunidade para pasar unha xornada coas familias, que se desplazaron con nos e acompañáronnos durante toda a xornada. Moitas gracias a todas elas pola participación e apoio nesta iniciativa.  

Repetiremos pronto sen dúbida! 

 

 

 

Saltemos en paracaídas!

Somos conscientes da importancia que ten realizar actividades de aprendizaxe cooperativo no centro, inculcando valores de cooperación e entendemento no noso alumnado, valores que cobran moita importancia á hora de relacionarnos na sociedade multicultural e heteroxénea na que vivimos na actualidade. 

Ao mesmo tempo tentanmos introducir estas sesións dunha maneira lúdica, co obxectivo de motivar aos nenos e nenas e despertar neles ao mesmo tempo o placer pola práctica físico-deportiva. 

Co uso do paracaídas non soamente motivamos ao alumnado, tamén aseguramos a totalidade da participación e a visualización de que sen a axuda de todos a realización da actividade non é posible. Ao mesmo tempo, fomentamos un desarrollo da forma física, da percepción, o equilibrio ou a axilidade entre outros aspectos. 

Pero sobre todas as cousas, pasamolo moi ben!! 

 

Bádminton

Un dos principais obxectivos dende a área de Ed. Física, en conxunto con todo o centro, é fomentar a actividade física e hábitos saudables no noso alumnado. 

Seguindo o programa XOGADE que desenvolvemos neste curso 2017-2018, decidimos optar pola modalidade do bádminton.

Fóra do horario escolar, os nosos nenos e nenas están a entrenar e aprender as regras deste deporte. Despois aqueles que queiran poderán participar en campionatos amistosos e competicións que se irán programando ao longo do curso. 

Algúns dos obxectivos que nos marcamos con este programa son:

  • Incrementar a participación en actividades físico-deportivas do noso alumnado. 
  • Promover hábitos de vida saudables. 
  • Aproveitar a función de cohesión social que ten o deporte. 
  • Potenciar os valores do xogo limpo, deportividade, tolerancia,cooperación e superación no noso alumnado.
  • Introducir ao alumnado en disciplinas deportivas descoñecidas ou pouco coñecidas por eles. 
  • Fomentar o movemento físico dunha maneira lúdica.

En breves saberedes máis novas sobre esta iniciativa! 

 

 

A BUSCA DO TESOURO

 

A BUSCA DO TESOURO (14/11/2017)

 

A través do Proxecto Deportivo de Centro (PDC), por medio do programa Máis e Mellor Actividade Física, decidimos realizar unha actividade interdisciplinar ente a as áreas de Educación Física e Ciencias Naturais, para tentar concienciar ao alumnado da importancia da práctica de actividade física no medio natural, á vez que incidimos na importancia do seu coidado e conservación, como medio eficaz para previr os incendios forestais.

 

A actividade realizada consistiu nun xogo da busca do tesouro pola contorna do centro, contando para a súa elaboración e posta en práctica coa imprescindible colaboración que estaba a realizar as prácticas no centro.

 

Para comezar dividimos o alumnado en tres grupos, mesturando alumnado de tódalas idades en cada un deles. Asignamos a cada grupo unha cor (vermello, verde, azul) e dous mestres que os axudarían nas diferentes probas. Cada equipo sería unha brigada de incendios. En cada sitio había un artefacto incendiario simulado que debían desactivar ou recoller.

 

O xogo comezou na entrada do centro, onde o director lía unha carta dun carballo na que animaba aos brigadistas a superar diferentes probas para salvar o bosque e os edificios da contorna. Nesta carta o carballo daba unha pista a cada equipo que os dirixiría ao primeiro lugar onde realizar a súa misión.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut